- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 20 Novembro 2009 20 Novembro 2009

O noso redactor perruno Bénder andivo a procura de duendes e gnomos sen resultados satisfactorios
A Camariñas da época das setas
Estiveron ahí todos estes anos pero moitos non reparáramos nelas. Nos nosos camiños antigos, polas correduiras, cunetas, salpicados polos campos, crecendo sobre un tocón do que un día foi un esbelto pino, á sombra da luz agonizante, a carón sempre da auga, da humedade que lles da a vida. A súa corta vida. Ca chegada do outono e das primeiras chuvias un exército multicolor de setas, fungos, champiñóns, cugumelos ou como queira chamárselles apodérase do paisaxe camariñán otorgándonos un conxunto pluricelular de paraugas co que protexernos das inclementes chuvias. Acerca da comestibilidade das mesmas, esta redacción xa non pode dar fe delo e si hai algún experto en micoloxía dentro do noso sabio e cultivado electorado non estaría mal que dera un paso ao frente e impartira un par de leccións maxistrais sobre as setas nesta reportaxe reproducidas. O que tampouco sabemos é si un exército de gnomos e duendes moran nelas ou nos refuxios subterráneos dos cachopos forestais. Porque non só van a ser patrimonio exclusivo do norte de Europa.
{phocagallery view=category|categoryid=385|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
un reportage muy chulo
aqui vos deixo unha pagina donde poñen algunhas das setas que se poden comer e algunhas recetas de como facelas
un saludo
http://www.saber.es/web/biblioteca/libros/setas-comestibles/setas-comestibles.pdf
Bender sale en todas!!(jeje),,
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.