- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 13 Setembro 2009 13 Setembro 2009

Aquí en camarinas.eu dixéramos que rematara a xeira de reportaxes adicadas ao conxunto de praias máis fermoso da Costa da Morte, o Areal de Reira, pero coñecendo o noso carácter, calqueira podía preveer que non deixaríamos escapar os fantásticos días veraniegos de comenzos do mes de setembro de 2009 sin colocar na nosa portada o seu correspondente reportaxiño, e así decidimos continuar a coronación dos principais cumes marinos do noso concello ca invasión e conquista do Illote percebeiro de A Portuguesa, desafío de menor entidade que o do Vilán de Fóra pero que tamén requerío unha esforzada expedición que ao albur dunha mañán de oceánica baixamar púxose en camiño dende a Praia Grande de Reira e que asemesmo se extendío ca penetración nas tenebrosas e apocalípticas furnas do Monte da Pedrosa.
Un medo indefinible e sordo apodérase de un visitante cando se interna en calqueira das furnas que moran aos pes do Monte da Pedrosa aproveitando as oceánicas baixamares que se poden encontrar en calquer domingo mañanero na primeira da secuencia de praias que conforman o Areal de Reira. E asemesmo, ese visitante, non pode evitar recordar os documentais e películas sobre o enclave arqueolóxico de Petra, en Xordania e que constituío a antiga capital do Reino Nabateo: en especial o desfiladeiro que baixo dúas impoñentes paredes pétreas conduce cara o templo onde Indiana Jones recuperaba o mesmísimo Cáliz do Santo Grial na terceira película da famosa saga. Camarinas.eu, da man do noso reporteiro máis playero, Luis de Quecha, e da nova adquisición da web, o redactor canino Bénder, non atopou nas furnas da Pedrosa aquelo que durante milenios os habitantes do orbe cristiano buscaron con afán e fruición, dende o mesmísimo Rei Arturo ata arqueólogos do máis variado pelaxe, pero si un humilde reportaxiño que nos axudará a sobrelevar con máis esperanza e nostalxía os duros días invernais que se aveciñan.






























































































Comentarios
Os que sa olvidamos as vacacions, lembramos os paixages desde Madrid, gracias
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.