- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 21 Agosto 2009 21 Agosto 2009
Expedición e conquista do Vilán de Fóra

A Bandeira de Camariñas ondeou por vez primeira sobre as cumbres do Vilán de Fóra da man de camarinas.eu
Na tarde do domingo 16 de agosto do ano de gracia de 2009 dende os pantaláns do porto de Camariñas púxose en marcha unha expedición que tiña un obxectivo nunca acometido anteriormente por medio de comunicación algún: a invasión e conquista do Vilán de Fóra, a pirámide faraónica que culmina o conxunto pétreo máis desafiante e dolorosamente fermoso das salvaxes terras da Costa Atlántica. A citada expedición, conforme as leyes e tratados internacionais, ía poñer o pé nunhas cumbres prácticamente vírxenes para o ser humano para para izar simbólicamente por vez primeira na historia a bandeira oficial do Concello de Camariñas. Desta forma camarinas.eu poñía fin as conmemoracións oficiais do fin de semana no que cumprío dous anos de existencia e no que chegou aos 6.000.000 de visitas. Camarinas.eu procede a publicar unhas imaxes tomadas por vez primeira por un ser humano.
Contan daqueles esforzados e arcaicos alpinistas que a finais do século XIX comenzaron a coroar e conquistar para o ser humano os grandes cumes nevados das cadenas montañosas do Himalaya, dos Alpes e dos Andes que cando lles inquirían porque acometían tan sobrenaturais xestas, a conquista de montañas por enriba dos 8.000 metros, contestaban sinxelamente: "porque están ahí". Ou cando o malogrado Presidente dos USA John Fitzgerald Kennedy estableceu a principios dos anos 60 como obxectivo irrenunciable do seu país o de poñer o pe na lúa antes do final da década deixando a máis de un boquiaberto, zanxou a cuestión sinalando que "facemos estas cousas non porque sexan fáciles, senón porque son duras". E efectivamente duro, moi duro, foi subir as escarpadas paredes que cáseque verticalmente levan ata as cumes desoladas que coroan o Vilán de Fóra.
Os obxectivos que presidían unha acción en apariencia tan inconsecuente e descabellada, ademáis dos xa sinalados, eran dous: a conmemoración do 2º aniversario de unha realidade, a nosa web, tan importante na vida dos catro tripulantes que a bordo do Cirros ían a acometer tal acción e coroar a principal posesión do imaxinario colectivo dos camariñáns ca auténtica bandeira do Concello, posiblemente a única existente, cos colores azul marino e branco e co escudo municipal, enseña bordada a man nos seus tempos por Dª Rosario Pasantes Carril, señora esposa de D. José Manuel Pensado Lista, Almirante da Flota Naviera de camarina.eu e experimentado patrón da expedición. Desta vez tomaríase posesión dunha vez e para sempre do Vilán de Fóra reclamando para Camariñas a posesión única, absoluta e eterna do Faro Vilán e de todo canto o circunda.
Mentras a expedición intrépida de camarinas.eu cunha aguda sensación de vértigo perpetraba unha xesta que en principio non parecía tan irreal, fóra, nalgún punto do ciberespacio, esa tolería que 24 horas antes cumprira dous anos e que sin ninguén saber moi ben por que chegara a convertirse nun xigante mastodóntico, acadaba a cifra de 6.000.000 de visitas. E ao mesmo tempo, tres dos principais responsables do acadado, cas espaldas pegadas a unha pétrea realidade, vían rodar rochas aos seus pes que caían repiqueteando polo muro vertical cara o vacío, cara un mar que por estas latitudes agochaba no seu seno xa demasiadas historias de náufragos temerarios. Finalmente, correspondíolles o honor de clavar a enseña nacional do concello máis diferente ao director de camarinas.eu, Diego Alonso Freire, e a un dos principais colaboradores da mesma dende sempre, pero sobre todo amigo, compañeiro e artista, Soto (o inmortal Juan Camariñán). Precisamente, por ser a única bandeira existente do concello, non poídamos deixar ao albur dos ventos e dun mar asesino tan preciada xoia, e por elo como símbolo da conquista e da toma de posesión, recreando a xesta dos Héroes da Toma do Illote de Perejil, unha bandeira do Real Club Deportivo de La Coruña, quedou para que as xeracións vindeiras recorden o conseguido por un puñado de camariñáns nunha prácida tarde de agosto. O máis importante, a conquista para o Concello de Camariñas dunha posesión única e irenunciable, xa estaba feito. Agora tan só queda que as Leis da Guerra e o Dereito Internacional o recoñezan. Non lles quedará máis remedio.
Comentarios
Antonio
Pero polo q vexo Marcos sije sin atreverse a escalar,je,je.. . Que pasa Marcos tes vértijo?
Saludos desde Barcelona
Desde el 8 de Agosto hasta el día 15 de este año,mi mujer y yo hemos estado hospedados en el Hotel Rustico Puerto Arnela...habita ción 102... MUCHAS GRACIAS por las atenciones que tuvieron con nosotros volveremos..... por cierto no sabíamos de esa faceta de conquistador del dueño del Hotel.
Un fuerte abrazo para todos.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.