- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 23 Xullo 2009 23 Xullo 2009
Archipiélago Metálico
Desperdigados, espallados, ocultos no medio de bosques, montes e leiras un anónimo e poderoso archipiélago de metálicos cerca as heredades, fincas e predios camariñáns. A picaresca española elevada á categoría de arte pola necesidade fixo fortuna no noso concello reciclando moitos dos metálicos que daban soporte a aqueles mullidos e criminales colchóns de espuma que tantas espaldas arruinaron e tantos lumbagos trouxeron consigo. Despois de máis de dous meses de rastrexamento intensivo, camarinas.eu rende a debida homenaxe a unha das institucións camariñanas clave: o metálico cercador de heredades. Camarinas.eu procede a publicar unha amplia galería fotográfica que retrata definitivamente a Camariñas como o Imperio do Metálico.
Foi nunha parada debido ao cambio de ancho de vía na fronteira que separaba alá a finais dos anos 50 á China comunista de Mao Ze Dong da Unión Soviética, cando o xornalista Ryszard Kapuscinski chegou a unha conclusión que polo tráxica non deixaba de ser do máis acertada: á vista do alambre de púas que delimitaba claramente o que a partir de entón sería territorio soviético, o gran mestre de xornalistas de orixe polaca concluío que a fabricación do alambre de espino era a principal industria soviética co seu peso de centos de miles de toneladas empleadas en cercar todo o conglomerado de illas do Archipiélago GULAG, os campos de traballo, as cárceres, uns orfanatos inmundos e unhas fronteiras que impedían entrar aos alleos pero tamén saír aos propios.
Salvando as distancias e tendo como único común denominador o material empregado (aceiro non galvanizado e polo tanto oxidable), un observador persa que acabara de chegar a Camariñas e non tivera coñecemento algún da nosa realidade tras unha volta polas corredoiras de Buría ou polos camiños que conectan as alturas que dominan o barrio do Campo, podería chegar a paralela conclusión á do xenio polaco á vista dos centos de metálicos que como illas dun virtual e incorpóreo arquipélago ocúltanse no máis frondoso e espeso dos bosques e montes camariñáns en perfecta simbiosis e comunión cunha natureza frenética e aguerrida: o metálico como principal industria camariñana.
Con todo, os tempos cambian, os ídolos son demolidos, as estatuas derribadas e as antigas institucións desaparecen. Incluso aquelas que contribuiron tan poderosamente a forxar o carácter dun pobo: os metálicos que chegaron a converterse da man da inventiva popular e con moita anterioridade á toda esta febre ecoloxista que nos devora no máis perfecto exemplo da reciclaxe, esmorecen no abandono e no olvido da man dos inmundos e pestilentes colchóns de espuma cos que formaban unha fraternal unión indivisible. Os tempos cevolucionan, novas formas de confort material fan a súa aparición, hai que adaptarse ás mesmas e todo elo non deixa de plantexar unha serie de inquedantes incógnitas: ¿Está chamado a convertirse o canapé no metálico do futuro? ¿Será Muebles Sambade o principal suministrador de peches de heredades do Concello? ¿Un archipiélago de canapés inundará os anchos campos camariñáns?
P.D.: Agora que está a piques de cumprirse o primer aniversario do seu falecemento, o redactor quere adicar este humilde e sinxelo reportaxe a Aleksandr Solzhenitsyn(Kislovodsk, 11 de decembro de 1918 — Moscú, 3 de agosto de 2008), escritor, historiador, Premio Nobel de Literatura, pensador que máis poderosamente contribuío a forxar o seu ideario político e autor de obras maestras inmortais e absolutas como "Un día en la vida de Iván Denísovich", "El Primer Círculo", "Pabellón de Cáncer" e "Archipiélago GULAG".










































































Comentarios
Lucia seica andas abollada polos montees???jajaj aja que ba ....e broma..e ee!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.