- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 03 Xuño 2009 03 Xuño 2009
A Praia Perfecta

Unha gran balea de area varada aos pes do Vilán, símbolo de sumisión ao máis fermoso dos faros
Foi o pensador político británico do século XVIII Edmund Burke o autor dunha frase que sempre me intrigou e da que nunca cheguei a captar moi ben o seu sentido: "España, esa ballena varada en las costas de Europa". Digo esto porque xa que estamos falando de asociacións estranas, esa pequena illa alargada de area que se forma na Praia Grande de Reira con motivo das súas oceánicas baixamares sempre me recordou a unha balea varada na máis espectacular das praias de Reira e fai que surxa a analoxía ca obra do gran teórico político inglés, enemigo pechado da Revolución Francesa e do seu escaso respeto pola tradición legal e pola vida humana individual.
Un pracer difícilmente descriptible. E tamén moi complicado de alcanzar: sen refuxio ao que acollerse, barrida toda a súa inmensidade por fortes ventos do nordeste, exposta aos embates dun mar implacable, tres ou catro son as oportunidades nas que a climatoloxía veraniega permite disfrutar do pracer inigualable dun día de praia perfecto na Praia Grande de Reira, ou tal e como os sabios expertos a chaman agora "Area Longa".
En calqueira das súas apartadas e solitarias calas, xogando entre unhas pedras tinguidas dun verde esmeralda especialmente intenso, impredecible na súa fisonomía por unha area que ven e vai ao ritmo enloquecido dunhas mareas que danzan ao seu propio ritmo, a través de constantes zambullidas nunha auga xélida, tódolos praceres están comprendidos dentro da praia máis misteriosa e polivalente do Areal de Reira. Espectaculares son as súas baixamares, formándose unha extensión granulada sen límite que obriga en ocasións a percorrer centos de metros para buscar o choque frontal cuns tombos embravecidos. Para os máis acougados, fórmanse piscinas e lagos naturais, ideais para nenos e redactores de camarinas.eu envellecidos polo paso dun tempo implacable e inapelable. E sempre, a través do paso dos anos, a balea de area varada aos pes do maxestuoso Vilán.
Praia de crepúsculo evocador e xenuino, ideal para longos paseos solitarios, de augas límpidas e prístinas, que permiten reflexionar sobre o sentido dunha vida maldita e pecadora e do paso dun tempo inapelable e vengativo no medio da beleza máis absoluta, o que remarca unha aguda sensación de dor. Uns paseos que invitan incluso a pensar na obra do inglés Burke e de como a semellanza do célebre politólogo británico moitas das nosas ideas vanse facendo co paso dos anos máis conservadoras e sensatas. E alí, sempre aos pes do Vilán, a balea de area varada...
Percorrido dende a Pedrosa ata a Praia Grande de Reira un día de calor xenuino:


























Comentarios
xa bn coller algua pa facer montajes con algua foto miña jaja!!
Que Bonito e reira.
Moy bo reportaxe e as fotos excelentes
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.