- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Reportaxes de Camarinas Reportaxes de Camarinas
- Created: 05 Marzo 2009 05 Marzo 2009
A terrible vinganza do Monte Pindo sobre Camarinas.eu
Sábado, 21 de febreiro, 2009. O caos descendío sobre a redacción ao completo de camarinas.eu no Ézaro, a única cascada na que desemboca un río en Europa Continental. Sobre as cinco da tarde tres redactores da web que fixo posible que o Faro Vilán fora elexido o lugar máis fermoso da Costa da Morte estiveron practicamente a piques de morrer afogados nunha masacre. Os Deuses Celtas do Monte Pindo non puideron controlar a brutalidade dos seus poderes. Atraeron cara os seus dominios aos principais responsables de que os paraxes veciños de O Ézaro e do Monte Pindo non foran os gañadores dunha enquisa organizada por un periódico autonómico e desataron sobre eles a súa terrible vinganza. Uns acontecementos que case acaban de forma definitiva con Camarinas.eu.
"Vamos a ver... vonvos a poñer un ejemplo... Dumbría... dime ti ¿quen conose Dumbría...?". A redacción de Camarinas.eu levaba frescas na memoria as palabras dun famoso político camariñán verquidas nunhas charlas ca cidadanía que foron concebidas como unha innovadora forma de facer política e que pronto pasaron ao olvido sen que ninguén se volvera lembrar delas. Uns cantos meses despois, nunha enquisa sen precedentes realizada por un diario autonómico para elexir a paisaxe máis fermosa da Costa da Morte, o Ézaro e o veciño Monte Pindo quedaban en segundo lugar tras o Faro Vilán e Reira, no Concello de Camariñas, tras a marea de votos aportada polos usuarios de Camarinas.eu, a web máis vista da Costa da Morte, que utilizaron o seu Libro de Visitas como altavoz para a movilización do electorado da mesma.
Con estos antecedentes, na tarde do sábado 21 de febreiro de 2009 tres membros da redacción de Camarinas.eu chegaban á Parroquia do Ézaro, Concello de Dumbría: Diekt, Duane Duke e Zhúkov. Tratábase dunha das clásicas "viaxes de vagabundeo" que suelen acabar nunha reportaxe e ás que tan acostumada está a web. Nembargantes o que fora planeado como unha tarde de lecer pronto empezou a dar síntomas dos escuros augurios polos que ía discurrir. Así, tras un breve paseo pola praia, o director da web avistou avanzando a grandes zancadas polo paseo marítimo do Ézaro (de madeira e que tanto recorda polo seu estilo ao de Atlantic City, Estado Soberano de New Jersey, USA, perdón pola disgresión) a un home alto e de marcado mostacho negro no que creío recoñecer a José Manuel Pequeño, Alcalde de Dumbría. De repente empezou a correr pola area como un enaxenado gritando a vivas voces "¡¡O Alcalde!! ¡¡O Alcalde de Dumbría, apura tío, vamos sacar unhas fotos con el!!", pero cando estaba a tan só uns pasos do mesmo, este regaloulle sin parar de andar a toda presa unha mirada de tan absoluto desprecio que o antedito director empezou a perder velocidade na súa alocada carreira para acabar por moverse tan só por inercia ata que quedou parado na area como desorientado, sin saber que facer, ata que dou media volta e soltou de improviso: "Bueno, eu creo que ese non era o Alcalde de Dumbría", ante a mirada atónita dos seus compañeiros de tropelías na desdichada viaxe de Camarinas.eu ao Corazón das Tinieblas: O Ézaro.
O caso é que dende as súas alturas celestiais, os Deuses do Monte Pindo, antiga morada das deidades celtas, acechaban aos tres descuidados e dicharacheros intrusos que tomaban a risa unha viaxe que estaba chamada a teñirse de tintes de cor negra. Así, tras este lamentable malentendido municipal, na segunda etapa do tour estaba previsto visitar a famosa cascada pola que o Río Xallas desemboca nunha prácida laguna na que os domingos dende unha veciña bancada turistas e domingueros poden ver un espectáculo único no Occidente Cristiano, para despois subir ata o célebre mirador dende o que se divisa a segunda paisaxe máis fermosa da Costa da Morte. E foi alí, na laguna, onde se desatou o drama: cando o redactor Zhúkov baixaba polas pedras á beira da auga para tomar unha foto inverosímil escorrentou e pouco a pouco, como a cámara lenta, a semellanza da célebre escena do film de Steven Spielberg "Tiburón", foi tragado polas xélidas augas da laguna ata quedar ca auga prácticamente ao cuello. Os seus dous compañeiros ao ver que o seu redactor cultural era devorado irremisiblemente non polo monstruo do amor senón polos vingativos deuses do Ézaro e do Monte Pindo, acudiron raudos para tratar de axudar correndo nun primeiro intre a mesma sorte que o desdichado Zhúkov. A costalada foi antolóxica. E cando a través das esbaradizas rochas parecían deslizarse sen remisión cara o fondo do río, no último momento lograron agarrarse ás escarpaduras existentes entre as pedras. Mentras tanto, Zhúkov, apoiadas as puntas dos pes nunha saínte de pedra do leito do río, lastrado polo peso dunhas roupas pensadas para un frío día de inverno e que tiraban del cara o fondo, a duras penas podía asomar a cabeza por enriba da auga. Adeus cámara dixital. Adeus móvil. Precisamente, nos misterios da telefonía inalámbrica debía estar pensando o desafortunado náufrago cando soltou sorpresivamente dende a auga un "¡¡pero ahí non hai cobertura!! ao ser requerido polo director da web (mente fría, pulso firme) a vadear nadando ata un punto onde as pedras facían posible o rescate sen risco de esvaramento pero no que non había calado. E así foi izado o temerario, descuidado e enchoupado Zhúkov. Dun bocado, O Ézaro estivo a piques de devorar á redacción ao completo de camarinas.eu.
Unha vez en terra e tras tomar unhas cantas imaxes para atestiguar ante a posteridade a veracidade dos sucesos que acababan de ser infrinxidos a Camarinas.eu por uns deuses agraviados e vengativos e tras haber xurado non voltar na vida ao lugar onde habíamos sido declarados personas non gratas (empezando en primer lugar polo seu Alcalde), emprendimos en silencio o camiño de regreso. E mentras un redactor volvía a casa, espido, no asento traseiro do coche, tratando de asimilar todo aquelo que acababa de acontecer en tan só uns poucos segundos, unha rara mezcolanza de ideas se lle agolpaba na cabeza de forma caótica e incontrolada e delas soamente podia extraer unha extrana frase inconexa que se refería a uns acontecementos perpetrados un venres dous de outubro de 1992 e que repetía sin cesar: "¡¡Pavilhao Noveeeee!!".
Comentarios
El segundo lugar reconocido a Ézaro - Pindo me parece también muy merecido y lo digo muy convencido, aunque con un poco de temor ante alguna posible represalia o venganza de los dioses del monte Pindo.
Mis felicitaciones por el reportaje, fotos y vídeo, en el que, si acaso, echo a faltar algunas vistas panorámicas tomadas desde el mirador de arriba, que supongo se habrían incluido si la excursión no hubiera salido tan accidentada. Zhúcov, cúidate, porque Camariñas.eu te necesita y los que seguimos tus andanzas también.
Ai que andar cn mas coidado oo jajaj!Mira si cheja a caer dieguiño mas Luis jeje!Non abia quen bos quitara jejej!
VITO
EL ENTIERRO
Féretro alzado
Lento viajar,
Comitiva callada,
Sendero fatal.
Mirada perdida,
Sombra inerte,
Destino de vida,
Mísera suerte.
Eco plañidero,
Pausado compás,
Ruta incierta
Del más allá.
Lápidas blancas,
Oscuro lugar,
Sentencia cumplida,
Silencio eternal.
Sollozo ahogado,
Morada de paz,
Flores de tumba,
Punto final.
Antonio Puertas
Que pena non ver as caídas, sejuro que me reía un bo cacho. Dios Marcos que músculos tes... nin Schwarzenegger, ja,ja
Pero tamén vos digo que cousas así pasáronnos a todos, e certamente son ese tipo de cousas que lle dan gracia á vida, polas que vaga a pena pasar.
Unha aperta ós tres.
Como Camariñas non hay lujar no mundo.
Pa min sigue sendo o lugar mais fermoso da Costa da Morte, o recorido que vos fixestes non fai xustiza algunha.
Non subistedes a Peñefiel, non encontrastedes a ruta dos muiños, non aparecen os Pozos do Rio Xallas por ningunha parte (que por certo son tremendos para pegarse un baño relaxado no veran). Non fixestedes barranquismo polo Xallas a baixo e nin sequera fuchedes en epoca de veran, cando as praias estan abarrotadas! A cascada estaba parada polo tanto non poidestedes disfrutar dun espectaculo unico.
Como vedes, o Ezaro non e que non vos quixera, e que queria que volverades outro dia.
Podedes disfrutar de fotos e videos en www.ezaro.com e www.ezaroenfotos.blogspot.com
Saudos!!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.