Ramón Alonso Correa D.E.P.

Era unha Torrot verde, de paseo, e debía ser a principios dos anos 80. Esa foi a primeira bicicleta da miña vida: unha tarde de primavera, por sopresa, meus pais alá me levaron a unha tenda que ás veces tamén facía de taller, na Rúa Outeiro, na Ponte do Porto. Entre varias ducias de bicicletas postas á venda, finalmente acabei escollendo aquela que marcaría o meu devenir ciclista. Despois virían outras, unha finísima Peugeot negra de carreiras ou un costoso modelo fabricado baixo os máis modernos parámetros da tecnoloxía punta no lonxano Estado soberano de Wisconsin (USA) e que practicamente se levou enteiro o que fora o meu primer soldo, pero ningunha como aquela Torrot verde, de paseo, tan arcaica... Este martes 21 de febreiro de 2012, triste martes porteño de carnaval, falecía no seu fogar do Outeiro a causa da súa avanzada idade Don Ramón Alonso Correa, pioneiro do ciclismo na Costa da Morte e propietario da tenda taller onde tantos e tantos rapaces cumprimos a ilusión das nosas vidas mercando a primeira bicicleta. Deixa Don Ramón seis fillos producto da unión ca súa dona Calela, falecida hai vinte anos. O enterro terá lugar hoxe ás cinco da tarde...

A movida volve a Ponte do Porto

Comezan xa as épocas festeiras navideñas e na Ponte do Porto non podía faltar unha iniciativa para o despiporre final que levará á tumba este desdichado ano 2011. Así os diferentes locais porteños tratarán de resucitar a gran movida nocturna de antaño que todos recordamos con diferentes iniciativas propias que se desenrolarán na Ponte do Porto. Por exemplo, a resucitada Discoteca Pipol volveu a abrir as súas portas este venres pasado e esta semana realizarán varias festas entre as que podemos destacar unha xornada nocturna de regalos con cada copa que se celebrará hoxe a noite. O mércores realizarán a Gran Festa do Chupito da Ponte do Porto e o venres e sábado os seus xerentes organizarán unhas espectaculares festas sorpresa que deixarán a todo o mundo boquiaberto. Si non o creedes acercádevos esta noite pola Ponte do Porto. ¡¡EL DESPIPORRE!! ...
OS rapaces porteños interpretaron á perfección o seu papel na representación da aparición

Procesión de Fátima 2011 na Ponte do Porto

Continúa Camarinas.eu co seu percorrido particular polos diferentes actos festivos e sociais que se celebran eventualmente por tódolos recunchos do noso concello. Desta vez facemos parada obrigatoria na celebración que se realiza dende tempos remotos da procesión da Fátima na Ponte do Porto. Procesión que engalanou este domingo pasado 9 de outubro a Rúa das Barrosas cunha impresionante alfombra floral realizada por gran parte de veciños e devotos da dita transitada rúa porteña. Outro ano máis, como ven sendo habitual, Camarinas.eu estivo presente e móstravos en rigurosa exclusiva as imaxes dun día festivo na que os veciños da Ponte do Porto gozaron co fervor relixioso dos seus máis pequenos habitantes que representaron unha emocionante aparición da Virxe de Fátima que encheu de bágoas a gran parte dos asistentes. Antecedeu á emotiva procesión unha misa en honor a esta Virxen oficiada polo noso querido cura párroco Don Jesús que estivo acompañado polas autoridades muncipais entre os que destacaban o Alcalde Pichurri e a Tenente de Alcalde e Concelleira pola Ponte do Porto Sandra Ínsua. Dende Camarinas.eu queremos dar a noraboa a tódolos responsables e colaboradores desta representación. ...

Procesión de San Pedro 2011

Aínda conmocionada a vila polo tráxico accidente que na tarde do día anterior tinguío de loito a todo un concello, este mércores 30 de xuño de 2011 tivo lugar na Ponte do Porto a sacra procesión en honor a San Pedro. Con caras serias, adustas, reflexivas ante os golpes inevitables, sorpresivos, que da a vida os porteños volcáronse un ano máis no día grande das súas festas e engalanados, acompañados de bandeiras, cruces e santos percorreron en en sagrada comunión as rúas da súa vila. San Pedro, o home a cuio redor, tal e como se predixera, edificouse toda unha igrexa era levado en volandas pola súa xente como dende tempos inmemoriais sobre unha ponte milenaria. Un San Pedro que sen dúbidas alá nas súas alturas celestiais coidará con agarimo e cariño a Ismael Romero Grela. ...

Accidente mortal de circulación

Tráxicamente a carretera volvío tinguir de loito ao Concello de Camariñas. Faltaban poucos minutos para as 21:00 horas deste malhadado martes 28 de xuño de 2011 cando no kilómetro 1,2 da vía que une Ponte do Porto con Camelle o Renault Megane do xoven Ismael Romero Grela de 22 anos e natural de Dor saíase da carretera, despeñábase por un terraplén duns 5 metros cara o leito do Río Porto e falecía como consecuencia da brutal colisión. Inmediatamente desplazábanse cara o lugar de autos unha dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas de tráfico que nembargantes pouco podían facer xa para evitar unha nova traxedia nas nosas carreteras. ...