Roubo na Pizzería Brasil da Ponte‏

Dende sempre, por pura decencia, fumos especialmente refractarios aquí en Camarinas.eu ao puro e sinxelo roubo, ao saqueo, ao acto de aproveitarse do duro traballo alleo. É por elo que ficamos desalentados e especialmente indignados con calquer acto de latrocinio que acontece dentro do noso concello. O derradeiro exemplo desta vaga de roubos de todo tipo que invade as nosas terras aconteceu na madugrada deste xoves 29 de novembro de 2012 na Ponte do Porto, onde uns descoñecidos entraban a roubar na Pizzería Brasil. ...
Este 19 de novembro de 2012 falecía aos 89 anos o Presidente de Honor do CNC

José Trillo Fernández-Abelenda D.E.P.

Aos duros momentos que están a atravesar actualmente os socios da que é a institución náutica decana da Costa da Morte, hai que sumar o falecemento este luns 19 de novembro de 2012 aos seus 89 anos do que foi o seu primeiro Presidente e actual Presidente de Honor, Don José Trillo Fernández-Abelenda. Nacido na vila de Corcubión (onde o seu proxenitor desempeñaba as labouras de secretario de xulgado) en 1922, un día antes que o que sería o seu gran amigo D. Manuel Fraga Iribarne,  tras cursar a carreira de Dereito nas unversidades de Oviedo e Santiago, dedicaríase Don José durante máis de 50 anos ás labouras de procurador de tribunais, desempeño onde acadaría o máximo recoñecemento dos seus compañeiros, sendo elexido como decano do Colexio de Procuradores da Coruña durante máis de 20 anos (1977-1998), Presidente de Honor do Consello Galego de Procuradores e actual vocal honorario da Mutualidade de Procuradores de Tribunais. Se o anterior non fora suficiente foi honrado en vida ca Cruz distinguida de primeira clase da Orde de San Raimundo de Peñafort ou ca Medalla de Galicia no 2004, entre outras distincións. ...

Plantación de marihuana na Ponte

Esta semana a Guardia Civil procedía á incautación de cinco plantas de marihuana, dun peso aproximado total duns 12 kilogramos, e á detención dun veciño duns 40 anos no que resultou ser unha plantación na Ponte do Porto: o fértil chan das Barrosas reconvertido para dar acollida a un novo producto procedente de latitudes tropicais. Supostamente as plantas crecían desgarbadas nun galpón anexo ao domicilio porteño no que constituiría un invernadeiro artesanal, todo o cal motivou a imputación dun delito contra a saúde pública. Caso éste que nos levou aquí en Camarinas.eu a unha pequena reflexión de tintes un tanto filosóficos, hoxe tan de moda: imbuidos como estamos dende hai 5 anos nunha crise económica que a pesares dos "brotes verdes" e da "luz al final de túnel" pronosticados hai tempo non parece senón ir a peor, houbo unha predicción igual de acertada cas anteriores na que un sociólogo adiantaba tres ou catro anos atrás que ante o devastador da crise e como medida somnífera os gobernos occidentais antes que tarde acabarían legalizando as drogas blandas, hachís e marihuana principalmente....

Festa de San Pedro 2012

Este xoves 28 de xuño de 2012, día da resaca da agónica clasificación da Selección Española para unha nova final dunha Eurocopa, comenza a Festa de San Pedro na Ponte do porto. E tal vez, quen sabe, algo tivo que ver o Santo que custodia as portas do Ceo na victoria heroica dos nosos nas lonxanas terras da cuenca mineira do Donbass: pois vonlle dar un regalo a estes porteños para que celebren a miña festividade en condicións, co corazón henchido e o ánimo rebosante. Así, en estes términos, quen dubida que hoxe as sardiñas saíran máis sabedoras e os bailongos máis frenéticos ao ritmo de Disco Landy Movil. E mañán, a sesión vermouth e a verbena a cargo de Fania Blanco Show e La Bámbola. E así ata o domingo 1 de xullo, cando probablemente xa tricampeóns, as orquestas Samba e Limón amenizarán unha velada que será lembrada durante o resto das vidas dos alí presentes. Un éxtase continuado ata que o luns a Orquestra Estrella Mar poña o punto final na sesión vermutera ao San Pedro máis eurocopero que se lembre. Cinco días de festividade presididos polo ambiente de triunfo, de gloria, que irradia un dos grupos humanos...

Procesión da Virxe de Fátima 2012

Xa dende o exercicio da súa fundación, un lonxano e cáseque esquencido ano do Noso Señor de 2007, a Procesión da Virxe da Fátima constitúe unha data sagrada en Camarinas.eu. Así, edición tras edición, cuidadas reportaxes recollían delicadas e puntillosas alfombras florais, impresionantes estandartes de combate ao vento e impecables representacións relixiosas dos rapaces porteños. Todo era pouco para revivir aquelas aparicións vislumbradas por uns pequenos portuguesiños alá a comenzos do século XX. Así pois, o pasado 15/05/2012 á 1 da tarde daba comenzo unha nova edición da Procesión da Fátima que percorría unha ruta santa dende a Igrexa de San Pedro ata o alto das Barrosas onde se realizou a clásica representación da aparición da Virxe de Fátima ca profesionalidade habitual dos rapaces porteños. Despois continuou a procesión ata o cruce de Carnés seguindo o curso do Río Grande para finalmente retornar á Igrexa. Ante a celebración dun evento tan caro ao corazón porteño, Camarinas.eu destacou a unha fotógrafa de toda a vida, unha profesional exemplar, Isabel Alonso de León para captar as imaxes que reafirmarían unha edición máis o compromiso perpetuo da web líder da Costa Atlántica ca vila do Río Grande. ...