Misteriosa mancha tóxica no Río Porto

No mesmo día no que se facía público que a central nuclear de Fukushima evacuara recentemente augas fortemente radioactivas cara o Mar do Xapón unha estrana mancha amarronada fixo irrupción nas tranquilas augas do Río Grande ao seu paso pola Ponte do Porto. Eran as dúas da tarde deste mércores 21 de agosto de 2013 cando os veciños que daban o seu habitual paseo polo paseo fluvial porteño, máis ou menos á altura do Pub Desierto, comprobaban con sorpresa como un noxento hedor subía dende o río. Forte e desagradable non tardou en causar picores nos fuciños porteños que asomaban pola barandilla para constatar a orixe do cheiro. Puideron ver unha marcha viscosa, flotante sobre as augas, de cor marrón e en principio bastante semellante ao fuel. Postos en alerta polo desacostumado desta presencia indesexada nunhas augas prístinas e hixiénicas polo ordinario decidiron dar aviso ao Seprona. ...

Triste 24 de Xullo en Cereixo

Moitos estaban imbuidos de cabeza na tradicional degustación dos seus chourizos ao viño, outros contemplaban desapasionadamente as evolucións primerizas do Real Madrid de Carlo Ancelotti en Lyon, todos esperaban ilusionados o arranque dunha edición máis da súa multitudinaria festa, cando pouco a pouco empezouse a filtrar que algo macabro, terrible, un deses acontecementos chamados a quedar no imaxinario colectivo para toda unha vida, acaba de acontecer precisamente en Santiago de Compostela. Un 24 de xullo, víspera da Festa de Galicia, do Patrón das Españas. Os móviles, os ordenadores, as televisións empezaban a vomitar unhas imáxenes dantescas de mantas sobre as vías, vagóns esnaquizados, sangue e dor e entón as mentes fóronse xa cara á capital de Galicia e alí se quedaron para o resto da noite, para o resto dos duros días que estamos por vivir. ¿Que podía importar xa a festa se alá as víctimas apilábanse por ducias e familiares desesperados daban os primeiros compases dos momentos máis duros de toda unha vida? ...

Festa da Faguía de Carnés 2013

Se o domingo 7 de xullo era en O Mosteiro, Concello de Meis, en pleno corazón da sureña comarca do Salnés, onde se celebraba unha multitudinaria Festa dos Callos e se despachaban baixo uns torrenciais 40ºC 4.000 racións, tan só dous días despois a veciña localidade de Carnés recollía o testigo e organizaba outra concurridísima homenaxe a este elemento principal da gastronomía galega. En principio, en ambos eventos o calor abrasante destes días non predispoñía moito a degustar un pato de semellante potencial calórico, sen embargo nada impedío que as masas se desbordasen e acudiran en famélicas manadas a deleitarse cunha ben surtida cazola de callos. Na centenaria Faguía de Carnés atopábase presente o historiador e colaborador habitual de Camarinas.eu Rafael Lema, o cal brinda ao gran público da Costa ad Morte unha impecable crónica do alí acontecido. ...

San Pedro 2013 na Ponte do Porto

Vaise pouco a pouco desgranando o calendario festeiro municipal e así este venres a quen lle tocou o turno foi a Ponte do Porto ca celebración da súa  sardiñada de San Pedro. Organizada un ano máis ca colaboración imprescindible dos nosos queridos amigos do Pincho, uns cantos centos de visitantes puideron degustar o gran rei dos mares da Costa da Morte asado ao estilo porteño. Todo elo como aperitivo dunhas festas patronais que terán a súa continuación este sábado 29 de xuño. A Ponte do Porto  festexa ao seu santo patrón nun fin de semana pleno de eventos relixiosos e actuacións musicais: o sábado ca Orquesta Marimba e o DJ Manu Gz, que ou ben é nacionalista ou se apelida González, ese gran apelido español, culpables os seus portadores de cubrir de tanta gloria en tan renombradas ocasións a esta santa nación, dende Raúl González Blanco a Juan Jesús Vázquez González (por certo, feliz cumpreanos papá), e o domingo a suposta Orquesta Alaskadeluxe, mezcolanza esquizofrénica e tal vez inapropiada de Alaska e Kaka de Luxe. E terá todo este peculiar ambiente festeiro a súa debida continuación para o vindeiro fin de semana ca así denominada Gran Festa da Xuventude que...

Accidente de coche na Ponte

Unha das institucións máis senlleiras do Concello de Camariñas, o centenario Casino da Ponte do Porto, pouco máis e ve como un automóvil se lle empotra para adentro nun accidente ao máis puro estilo Hollywood. Acontecía o espeluznante suceso este aciago mércores 24 de abril, como prólogo macabro do drama que estaba a piques de desencadearse a non correr moitas horas nun ateigado estadio da Rexión de Renania-Westfalia, tal vez por elo chamado en tempos Westfalenstadion, onde un grupo de fornidos e potentes Superhomes Teutónicos (e un polaco) lle endilgaban unha escandalosa somanta á que decían era a mellor plantilla do mundo.  Visto o lamentable antecedente que acontecía no entorno urbano dun Casino tan senlleiro como o porteño, a escasos metros de ser derruido a base dunha alunizaxe motora, xa deberían empezar a tremer os aficcionados madridistas ante a que se lles viña enriba, sobre todo tendo en conta os precedentes históricos da institución en cuestión: partido en Alemania, tunda ao canto. Mércores 24/04/2013, o día que será lembrado como o da Infamia (Madridista). ...