Dona Otilia Alvite Ameijeiras, Descanse en Paz

Continúan a chegar tristes noticias á nosa redacción. Esta mañá recibíamos a chamada do noso amigo e colaborador Xoán Ramón Carballo que nos informaba do pasamento da súa nai Dona Otilia Alvite Ameijeiras aos seus 96 anos de idade na cidade da Coruña. Dona Otilia chegou ata Cereixo moi xoven sendo a máis xoven de nove irmáns orixinarios de Santa Comba. Anos despois casaría con Arturo Carballo Tajes e fruto deste matrimonio nacerían dous fillos, Xoan Ramón, enxeñeiro residente na cidade olívica e Arturo Carballo Alvite, coñecido director das antigas oficiñas bancarias da Caixa de Aforros en Camelle e tamén en Muxía. Cómpre lembrar que Dona Otilia era irmán do que foi o Cura Párroco da Parroquia de Santiago de Cereixo durante tantos anos, o recordado Don José Alvite tristemente falecido hai xa moitos anos. O corpo sen vida de Dona Otilia está sendo velado no Tanatorio San Vicente de Vimianzo dende o cal será trasladado ata a Igrexa de Santiago de Cereixo onde ás 16:00 horas deste sábado 25 de xaneiro de 2014 será celebrado a misa de corpo presente para logo ser soterrada no seu querido Cereixo. Dende a Redacción de Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras...

Dona Josefina Rodríguez Cibrán, Descanse en Paz

Esta fría e invernal mañán do 22 de xaneiro de 2012 amañecía triste para o lugar de Dor, antesala da parroquia de San Pedro da Ponte do Porto. Unha das súas máis lonxevas veciñas, Dona Josefina Rodríguez Cibrán máis coñecida como Fina do Tuiño, deixaba este mundo aos seus 102 anos debido a causas naturais. Dona Fina, nai de catro fillos, adicou toda a súa vida á venta de encaixe dunha maneira totalmente exitosa xunto a súa filla Dolores Romero, gran referente no ámbito galego da artesanía eterna do bolillo e muller emprendedora e traballadora onde as haxa. O corpo sen vida de Dona Fina está sendo velado na súa casa de toda a vida de Dor de onde sairá cara a Igrexa de San Pedro de A Ponte do Porto este xoves ás 16:00 para ser celebrado o seu sepelio. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Dona Josefina nestes duros momentos que están a vivir. Dona Josefina, referente primordial do encaixe de Camariñas, Descanse en Paz. ...

Destrozos a causa do temporal Dirk na Ponte do Porto

A forza desatada dos elementos abatíose sobre Galicia nas vísperas do Nadal. Vendavaladas salvaxes convertidas por veces en tifóns asiáticos deixaron un regueiro de destrozos nas Rías Baixas, onde en vilas mariñeiras como O Grove, causaron cortes intermitentes de luz nos fogares e definitivos no alumeado público, sumindo á vila meca na escuridade. Asemesmo un terrible temporal pero de xente desatouse no interior dos diferentes centros comerciais da cidade de Coruña, e unha avalancha humana asaltou os estantes das tendas e provocou unha chuvia dourada nunca antes vista de moedas, billetes e tarxetas de crédito por metro cuadrado sobre as asoladas caixas rexistradoras, levando aos presentes de tan estrano fenómeno a preguntarse seriamente acerca da existencia desto da crise económica e acerca dunha enésima esaxeración sensacionalista dos medios de comunicación. E en esto, como en todo, non podía permanecer alleo o Concello de Camariñas. Onde se notaron en especial os seus efectos foi na Ponte do Porto. Alí o temporal (climatolóxico neste caso) chegou a derrubar unha árbore e a romper cun cable do téndido eléctrico do alumeado público municipal. Foi por elo, que sobrepoñéndose a enorme dor que lle causou a desaparición do seu pai, andaba xa na mañán...

Atraco nunha xoiería da Ponte do Porto

Un atraco un tanto esperpéntico, parecido a aquel de "Bananas", a película de Woody Allen, tivo lugar na Ponte do Porto este pasado xoves 7 de novembro. En principio, os atracadores non utilizaron unha pistola feita de xabón como a do mencionado film pero pouco lle faltou. En fin, eran sobre as 19:00 horas cando segundo unha testemuña presencial á que tivo acceso Camarinas.eu se desencadeaban os feitos: dous encapuchados, un deles cun armado cun coitelo de cociña de grandes proporcións, irrumpían violentamente na Joyería Faro, ca intención de arramblar cun sustancioso botín. Unha vez posto en coñecemento da dona do local as súas intencións siniestras, ésta non se deixou amilanar por esta desvergonzada actitude e decidío facer frente aos malhechores lanzándolles á cabeza pesadas fontes de cristalería e avisando a súa nai, a cal ipso facto saía correndo pola porta da casa contigua dando grandes voces polas que solicitaba axuda, ante o cal os facinerosos viñéronse literalmente abaixo. Tal foi o desbaraxuste que ata olvidaron o motivo que os levara ata este honrado negocio porteño e, pies para que os quiero, fuxiron por patas ata a porta onde un vehículo SEAT os estaba esperando para partir cara un destino...
Moncho de Dios nun artigo para Camarinas.eu sobre a Festa do Caldo de Riola na Ponte do Porto

A Festa do Caldo de Riola na Ponte do Porto, por Moncho de Dios

A alma culinaria de Ramón Dios Carril estoura en toda a súa inmensidade en Camarinas.eu, un medio de comunicación polo demáis cun bagaxe gastronómico sólidamente acreditado. Por un día, o azoute dos Cachalotes Unidos (Partido do Unión e Forza no CU), esa moribunda cuadrilla de ultradereitistas fanatizados, cambia o seguemento das traxicómicas peripecias de renegados, traidores e chantaxistas polos placeres dunha boa mesa. Faino nun ameno artigo gastrocultural que analiza a festa popular adicada ao gran manxar porteño: o Caldo de Riola. Prato de terras adentro, dun enclave comercial típico, cruce de camiños entre o mar e o agro, que elexío como punto privilexiado dende o que ser reinvidicado esa Ponte do Porto que anida na alma máis profunda dun dos míticos fundadores (este sí) do Partido Popular da Costa da Morte. ...