Melloras na señalización vial na Ponte do Porto

Semanas de traballos continuos por parte da administración local camariñana na vila porteña. Esta mañán o Concello de Camariñas comezaba a mellora na señalización vial de varias importantes vías da Ponte do Porto. Especialmente tratouse o repintado dos pasos de peóns da zona do cruce de Xarás e tamén se fixo o mesmo na flamante Travesía da Esquipa da cal se espera a súa apertura con unha pequena inauguración este mércores 30 de xullo de 2014 na cal teremos un enviado especial desde Camarinas.eu. Deste xeito, o concello acomete varias melloras no que se refire ao tránsito peonil posto que hai tan só unhas semanas tamén se realizaron obras de adaptación en varias rúas da Ponte do Porto. ...

Obras varias de mellora vial na Ponte do Porto

Dun tempo a esta parte as rúas da Ponte do Porto estanse vendo sacudidas por unha pequena revolución de pequenas obras varias do seu entramado vial. Concretamente as zonas afectadas son as que van dende o Outeiro ata a ponte, máis ou menos ata a altura da entidade bancaria antigamente chamada Banesto, agora Banco Santander, onde se procedeu a eliminar as barreiras que había nas beirarrúas (tales como aceras-escaleiras) que impedían o paso de silla de rodas e carritos. Asemesmo tamén se está a dar continuidade a beirarrúas en zonas onde antes tiñan preferencia os coches,e que agora pasarán a ser de prevalencia peatonil. O alumeado público será outro dos eidos afectados eliminando unha serie de postes que co tempo deron en ser superfluos e que dificultaban onormal tránsito. Finalmente, na Travesía da Esquipa estase a facer unha inversión de 50.000 euros no que dende o comenzo foi un clásico da nova corporación municipal: novas tuberías para pluviais e saneamento en este caso pols dous lados, novas beirarrúas e pavimentación con aglomerado asfáltico. Non está mal, para os tempos que corren. ...

Cartel da festa en honor a San Pedro na Ponte do Porto

Non podía ser menos e tamén a Ponte do Porto terá un ano máis un cartel solvente para as súas queridas festas patronais. Éstas comenzarán alá polo 27 de xuño de 2014 co pistoletazo de saída do San Antonio cunha impresionante churrascada e sardiñada amenizada pola mellor gaita galega para que ao día seguinte, o sábado 28, e depois de celebrar a tradicional misa en honra do santo, a Orquesta Estrellamar acometa unha sesión vermouth que terá a súa continuación á noitiña ca verbena na que tamén amenizada pola Orquesta Gran Parada. O domingo 29 serán Nueva Imperial e Combo Dominicano os encargados de levar a mellor música ata as ribeiras do Río da Ponte do Porto. Unha semana despois, en xornadas de 5 e 6 de xullo, volve a festa en forma de homenaxe ao Perpetuo Socorro e ao Santísimo Sacramento cun programa completo de misas, pasarrúas, sesións vermouths e verbenas a cargo das Orquestas Foliada, Samba e Fania Show. Todo elo gracias á labor continua e desisnteresada dunha Comisión de Festas que una no máis soubo estar á altura. ...

Cartel da Procesión de Fátima 2014 na Ponte do Porto

Este domingo 18 de maio de 2014 celebrarase na Ponte do Porto a tradicional procesión en honor á Virxe da Fátima. E farao acompañada dunha multitudinaria feligresía que, aproveitando o bo tempo primaveral que nos espera este domingo, pasear a súa benerada virxiña dende a Igrexa da Ponte, pasando pola Gándara, Barrosas e outras rúas significativas da nosa vila Porteña. Precisamente será no alto da Rúa Barrosas onde será representada por un grupo de rapaciños da vila a tradicional aparición da Virxe da Fátima. Unha representación ensaiada ao máximo pola organización do evento, a Asociación Virxe de Fátima da Ponte que seguro nos voltará a deleitar con unha fantástica procesión en honor a nosa virxiña. Alí estará Camarinas.eu para tomar nota de todo o que aconteza. ...

Fallece Doña Adelina Figueiras Figueiras. Una Camariñana emprendedora

El pasado día 31 de enero falleció en Madrid, tras recibir los Santos Sacramentos, a la edad de 84 años, Doña Adelina Figueiras Figueiras, rodeada del cariño de sus familiares y amigos.  Adelina nació el 16 de diciembre del año 1929, el año de la Gran Depresión, en la calle de las Barrosas de Puente del Puerto y creció en el Campo d’Outeiro de la misma localidad. A la edad de 15 años emigró a Santander para dedicarse junto a su madre Trinidad Figueiras Novas a la comercialización de Encaje de Camariñas. ...