Membros da Comisión de Festas de San Pedro da Ponte do Porto deste ano 2008

Impresionante Sardiñada do San Pedro 2008 da Ponte do Porto

Como é habitual ano tras ano, a temporada de festas de verán ten o seu punto de arranque nas festas de San Pedro da Ponte do Porto. Alí todos aqueles festeiros que veremos desfilar polas distintas romarías e festas dos contornos ao longo dos dous meses seguintes quentan motores e fan a súa particular pretemporada. En San Pedro están aquelas caras da xuventude que animarán as milenarias festas desta Costa da Morte nosa. ...

Pub Saloon na Ponte do Porto

Este sábado na Ponte haberá festa rachada Todo está preparado no porteño Pub Sloon para armar un bo fiestorro esta noite Este sábado 14 de xuño terá lugar no Pub Saloon (Ponte do Porto) unha festa concerto no que estará presente o doblador da TVG Yoni Mediogramo que fará das súas contando contos e chistes mentras uns profesionais do tatuaxe realizarán tattoos e pircings a todo o que o desexe. Todo este espectáculo farase a partir das 7 da tarde acompañado dunha gran churrascada gratuita para todo o mundo. Para despedir a noite actuará no Saloon o grupo porteño Materia ao que se sumarán uns invitados especiais. Pois nada, esperamos mostrarvos as fotos desta festasa para a semana que ven. Pulsa na foto para ver unhas imaxes do Saloon. ...

Atraco na gasolineira da Ponte do Porto

A gasolineira da Ponte do Porto atracada este luns A TVG desprazouse ata a Ponte do Porto este mércores para coñecer o caso Esta luns pasado 7 de abril a gasolinera da Ponte do Porto foi obxecto dun violento atraco por parte dun descoñecido que chegou a meter un coitelo no pescozo a unha operaria de Camelle que estaba a cerrar a dita gasolineira. O ladrón atacou cun coitelo por detras á rapaza mentras ela recargaba o móbil deste individuo o cal lle quitou a bandoleira dos cartos e pouco máis. Ao parecer foi un atraco algo absurdo xa que, según testemuñas que falaron coa rapaza despois do roubo, o atracador marchou nun coche e aos presentes doulles tempo de coller a matrícula de dito coche e chamar á Garda Civil que rapidamente montou un dispositivo de búsqueda co que o ladrón foi capturado horas despois curiosamente nunha barra americana próxima. Polo que se ve tiña ganas de festa... Esperemos que a nosa querida amiga da gasolineira se recupere pronto do susto e volva a ser aquela dicharacheira rapaza que nos alegraba o día cada vez que tiñamos que pagar as subas da gasolina. Con respecto ao atracador, non estaría mal...

Accidente na entrada da Ponte do Porto

Un coche do concello atropela a un xabarín   Neste estado quedou o coche do noso querido amigo Manolo O Panadeiro     O fontaneiro do Concello Manolo "O Panadeiro" dirixíase hacia á Ponte do Porto para comprobar o estado do depósito municipal de auga potable cando un porco bravo saeulle ao paso antes de chegar aos Colexios da Ponte, sen que o fontaneiro camariñán poidera esquivalo. O animal, gravemente ferido, andou arrastrándose uns metros pola cuneta ata que se desvaneceu a pouca distancia do suceso. O xabarín foi recollido por un grupo de cazadores que se acercaron ao lugar do atropelo. Ao parecer o animal era dun gran tamaño e segundo os alí presentes "pesaba uns 100 kilos". Non nos extraña, á vista está o estado no cal quedou o Patrol do Concello. ...
Moi concurrida estivo este ano a Procesión de Fátima na Ponte do Porto

Procesion da Virxen de Fatima na Ponte do Porto

Este Domingo ás 12 do mediodía celebrouse na veciña e querida parroquia de A Ponte do Porto a súa tradicional procesión de Fátima, e ahí estivo camarinas.eu. A imaxe da Virxen foi paseada en procesión católica pola famosa Rúa das Barrosas acompañada por centos de fieles cristianos. Chegando ao alto da Pesqueira, ao final da citada rúa, a concurrida manifestación descansou un momentiño e puido ver a pequena pero ben traballada e ambientada obra de representación por parte duns nenos porteños dos milagres desta Virxen tan venerada e querida na Ponte.  Os organizadores da procesión de Fátima da Ponte do Porto presentaron este ano 2007 unha impresionante alfombra floral na Rúa das Barrosas En fin, como non podía ser menos con tal excepcionais actores, a representación foi todo un éxito e dende aquí damos a nosa máis calurosa felicitación aos rapaces participantes. Para rematar, como ben sabedes os usuarios de camarinas.eu, nesta web non vos estamos a facer promesas día tras día. Facémos o traballo e punto. ...