Caldo de Riola 2009 na Ponte do Porto

Un evento culinario cuns cimientos firmes e asentados e que no competitivo calendario galego das festas gastronómicas veraniegas parece ir a máis edición tras edición é o constituido pola homenaxe ao plato máis típico da Ponte do Porto, aquel que tanta fame axudou a liquidar por estes lares nos tempos duros e difíciles: o Caldo de Riola. Un manxar humilde e sinxelo, que nunca foi do agrado de muchimilonarios e membros de realezas aristocráticas, pero que é devorado con pracer e fruición polo pobo humilde e traballador. Por eso, camarinas.eu, a web que visiona as catro parroquias do Concello de Camariñas como un universo informativo, achegouse ata unha vila porteña na que o noso amigo Baña ou Carmucha, a que conta a lenda que foi a 1ª muller en blandir aos catro ventos un carnet socialista nestas terras, se afanaban en compracer a unha multitude que afameada tomou as rúas da Ponte do Porto. ...

Festas de Cereixo 2009

Unha muchedumbre famenta douse cita en Cereixo para degustar os sabrosos chourizos Chourizada de Cereixo 2009 Si hai dúas semanas camarinas.eu degustaba os sabrosos callos da Faguía de Carnés, este venres 24 de xullo tocou saborear os suculentos chourizos das Festas do Santiago Apóstol de Cereixo 2009. Decían que este ano non se celebrarían, pero o certo é que aquí está unha das citas ineludibles do calendario veraniego festeiro da Costa da Morte, que se distingue de tódalas demáis polo espacio físico no que se desenvolve, a carón dun carballo milenario, cun castelo medieval á sua beira e cunha das contadas igrexas románicas desta Franxa Atlántica ao fondo. Porque as de Cereixo sempre serán unhas festas cun sabor especial, distinto....

Faguía de Carnes 2009

Alejandro Rodríguez, aclamado Alcalde de Vimianzo e exemplo político a seguir por Camarinas.eu ¡¡En Carnés con Alejandro Rodríguez!! Agora está mui de moda facer encuestas sobre quen é o persoeiro máis importante da Costa da Morte, ou que políticos de alta alcurnia visiten festas e voráxines gastronómicas masivas ideadas polo pobo humilde e traballador, que se abra algún que outro expediente tamén está de moda, pero para unha web desnortada como camarinas.eu o realmente importante son acontecementos históricos como o reencontro que na tarde do 9 de xullo de 2009 tivo lugar na Faguía de Carnés con Alejandro Rodríguez, Alcalde de Vimianzo, Gran Emperador da Costa da Morte, auténtico mentor político de camarinas.eu e home, en definitiva, que reformulou as bases teóricas do socialismo dunha forma tan exquisita que fixo revolverse de envidia dentro da súa tumba ao mesmísimo Karl Marx....

Ponte do Porto: Festas do Sacramento e do Socorro

Segundo fin de semana consecutivo de festas Veciños porteños e forasteiros non se quixeron perder as festas do Sacramento 2009 na Ponte do Porto Manda a tradición que no fin de semana seguinte ao da celebración da venerada Festa de San Pedro, a Ponte do Porto se volva a vestir de gala para honrar ao Sacramento e ao Socorro. Tradicións que, obviamente, son respetadas ca máxima escrupulosidade polos veciños da moi antiga e tamén algo festeira vila da Ponte do Porto, o gran cruce de camiños do Concello de Camariñas. E alí, no posiblemente máis antigo crossroads da Costa da Morte, auténtico nexo de unión entre lugares e parroquias afastadas, pero unidas por un destino e obxectivos comúns, presentouse este sábado 4 de xullo camarinas.eu, a web que contempla ás parroquias que compoñen o Concello de Camariñas e aos habitantes que moran nelas como un todo informativo, para firmar a presente reportaxe. ...
San Pedro, primer dirixente da Igrexa Cristiana e santo venerado devotamente na Ponte do Porto

Resumo das Festas de San Pedro na Ponte do Porto 2009

As Festas de San Pedro sempre son unhas datas mui sinaladas na Ponte do Porto: unha celebración máxica para a que unha pequena e coqueta parroquia pertencente a un concello remoto e olvidado prepárase con esmero durante todo un ano. Sempre pendentes de que a cuestión climatolóxica non falle, os veciños porteños poñen todo da súa parte para honrar ao santo milagreiro, aquel sobre o que Cristo xurou que ía construir a súa igrexa.  Mortificado e torturado vilmente polas huestes dunha Roma aínda pagana, o santo que mora ás mesmísimas Portas do Ceo sen dúbidas dende as súas alturas celestiais observa (e protexe) orgulloso e agradecido aos veciños daquela pequena vila que pegados a unha ponte milenaria cada mes de xuño honran ao seu Santo Patrón.  ...