Impresionante foi o programa do Nadal 2010 no Pub O Pincho e impresionantes son as fotos que o recollen

Resumen de Fin de Ano e Noite de Reis no Pincho da Ponte do Porto

¿Pensaba alguén en serio que aquí en camarinas.eu acabáramos co Fin de Ano? Faltaba, querido electorado, o na va más, o desiderátum, o acabose: faltaban as espeluznantes fotos directamente importadas polo Pub o Pincho dende a Ponte do Porto, capital mundial do dicharacherismo chiquitero. Uns festexos que non se quixo perder o máis bala perdida dos Reis Magos que, chegado a lomos dun deslavazado poni, ademáis de vir cargado de regalos fixo por ver si era verdade todo aquelo que oíra no seu camiño dende Oriente acerca dos apocalípticos festorrios que se montan no emblemático local da Ponte do Porto. Local que incluso se atreve a darlle unha oportunidade a  novos grupos e así o 22 deste mes de xaneiro organizará un concerto de "Lombardi", grupo que ten como baixista a Anxo, anterior guitarrista de Sobrecarga. Así, o mellor  que podedes facer é visionar as fotos e o vídeo enviados baixo os sons da banda sonora das versións en mp3 do grupo Lombardi. ...

Festa do Nadal da Comision de Festas de Cereixo

A Comisión de Cereixo acudío á redacción de camarinas.eu para publicitar a impresionante festa deste venres Este venres grandes orquestras na Ponte do Porto Pois agora que dende a Xunta din que sobran uns cuantos concellos en Galicia, debe ser que aquí na Costa da Morte xa se puxeron mans á obra antes que nadie e así a futura anexión do Concello de Vimianzo dentro de Camariñas, tan necesaria para o "lebensraum" ou espacio vital camariñán, da o seu primer paso visible este venres 18 de decembro ca celebración pola Comisión de Festas de Cereixo dun impresionante festival orquesteril no Pabellón Municipal da Ponte do Porto. O feito da existencia dunha historia común e duns cascos urbanos que se funden sin unha separación nítida entre a Ponte e Cereixo fai que, da man de dúas orquestras como a Compostela e Capitol, a batalla común pola unión dos Concellos de Vimianzo e Camariñas dé os seus primeiros pasos a ritmo de pasodobre e do imprescindible reggaeton. Será a definida polos libros de historia como "Diplomacia orquesteril", chamada a remover os límites do mundo e na que vellos e novos están chamados a participar por igual....

Terrible suceso na Ponte do Porto

Falece un camioneiro nunha marmolería da Ponte Un terrible suceso volvío a golpear o Concello de Camariñas ca morte dun camioneiro ourensán Lamentablemente na tarde deste caluroso e veraniego xoves 10 de setembro de 2009 unha desgracia terrible volvío a acontecer no Concello de Camariñas cando cara ás 16:45 horas un camioneiro que estaba a facer unha descarga de material na Marmolería de Daniel Barroso Rial, na Rúa Linares, na zona do Outeiro na Ponte do Porto, falecío ao ser brutalmente golpeado cun toro elevador que estaba a carrexar material, ao caer a carga por causas descoñecidas e desplazarse para atrás a citada máquina de transporte golpeando mortalmente ao traballador, sen que se coñezan polo momento as causas deste suceso. A víctima, Francisco Manuel Capelo Fernández, de 40 anos de idade e natural de Xinzo de Limia en Ourense, foi atendido no lugar polas unidades do 061, de Protección Civil de Camariñas e da Guardia Civil, chegando a desplazarse ata alí un helicóptero do 112 que non chegou a transportar á víctima xa que esta falecera no lugar dos feitos. Dende Camarinas.eu lamentamos tan terrible suceso e trasladamos as nosas condolencias aos familiares deste camioneiro ourensán. D.E.P. ...

Festa de San Roque na Ponte 2009

Como ven sucedendo dende hai anos unha muchedumbre afameada invadío o Paseo Fluvial da Ponte do Porto Foi un venres 17 de agosto de 2007 cando camarinas.eu acudía por primeira vez á churrascada das Festas de San Roque da Ponte do Porto e foi un sábado 15 de agosto de 2009 cando a web que en tempo récord pulverizou tódolos rexistros habidos e por haber, no día do seu segundo cumpreanos, cubría por terceira vez un evento gastronómico que atrae centos de visitantes cara a unha vila que dende os momentos iniciais de camarinas.eu estivo no centro dos nosos desvelos e no que se serviron máis de 600 racións. No Paseo Fluvial, cas firmes pedras da ponte como testigo e co ritmo de fondo impulsado polo omnipresente Trío Eclipse, a cambio dun módico precio, este sábado a Ponte do Porto foi o lugar idóneo para pegarse unha homenaxe culinaria co Prato Nacional do Concello de Camariñas: O CHURRASCO. ...

Cartel da Festa de San Roque 2009

Este finde non te perdas as Festas da Ponte Todo está listo este fin de semana na Ponte do Porto para pasalo pipa: ben comidos e ben bebidos Non é porque o dixera camarinas.eu, pero esta semana temos outra constatación da nosa proposta de hai dúas semanas de declarar ao churrasco como Prato Nacional do Concello de Camariñas: a xigantesca e sempre mui concurrida churrascada que este sábado con motivo das Festas de San Roque se organizará na Ponte do Porto e na que de seguro poderemos ver cortando tiras de churrasco e asando como se debe á nosa querida Carmucha, a muller pionera do socialismo no Concello de Camariñas. E todo elo animado por un trío Eclipse que polo que se ve debe estar forrándose ca súa inacabable xira veraniega por estas terras. Ademáis, o local de moda na Ponte, o Pub O Pincho para honrar ao santo ideou unha imaxinativa proposta que pode facer que os refrigerios cubateriles traian un pan baixo o brazo con agasallos especiais e copas gratis... todas estas promocións do Pincho a partir de hoxe venres e durante todos os días de festa na Ponte do Porto. Non podes faltar! ...