Procesion de San Pedro na Ponte do Porto 2010

  Os veciños da Ponte do Porto celebraron un ano máis unha concurrida Procesión de San Pedro   He aquí unha noticia que seguramente vai encher de ledicia, pero tamén de morriña, esa nostalxia que nunca cesa, o corazón dos porteños espallados polos catro rincóns do mundo. Porque un día especialmente sinalado no calendario anual porteño sempre será o da santa Procesión de San Pedro, aquel santo que sentada á diestra de Deus Pai custioda a entrada aos Reino dos Ceos, procesión que este ano estivo concurrida como nunca por veciños que quixeron mostrar o seu fervor polo seu santro patrón, entre os que temos que incluir novamente a un porteño de pro como o Alcalde camariñán Pichurri. Despois dunha procesión que foi comandada como sempre polo oficio e bo facer do noso querido cura-párroco Don Jesús, tocou espallarse aos porteños baixo o sol do mediodía ben acolléndose ás refrescantes sombras do seu Casino, institución senlleira da Costa da Morte, ben deixándose envolver polos sons armoniosos do baile-vermouth intepretado pola Orquesta Nueva Generación. Camarinas.eu, a web que concibe o Concello de Camariñas como un todo informativo e que non deixa que se lle escape viva nin unha soa procesión relixiosa, estivo presente e captou unha amplia galería fotográfica. ...

Sardiñada de San Pedro na Ponte do Porto 2010

  Varios centos de persoas puideron degustar o sabor das sardiñas ás beiras do maxestuoso fluir do Río Grande   Comenza a semana do despiporre porteño Aquí en camarinas.eu non sabemos como facemos pero o caso é que existe unha química especial entre esta redacción e as comisións de festas. Tal ven a  ser o que sucede ca nova comisión que comenzou co San Pedro da Ponte do Porto a súa andaina nas arduas e nunca ben recompensadas labores festeiras e que está integrada por vellos amigos de camarinas.eu: José e Iván Landeira e Alfonso Castro que foron os principais encargados de organizar a espectacular sardiñada que congregou este luns 29 de xuño de 2010 a varios centos de afameados comensais ás beiras do Río Grande e que obrigaron a un importante sobreesforzo a unha comisión que non dou abasto a repartir sardiñas. Alí puidemos ver ao alcalde Pichurri que como bo porteño non faltou á cita máis importante no ano festeiro da Ponte do Porto ou aos imprescindibles Pancho do Jolfrendo que continúan o seu exitoso tour veraniego cunha nova demostración musical. Unhas sacras festas porteñas que comenzaron sobre as 8 e media e que só Deus na súa infalible omnipotencia sabe cando e...

Festas de San Pedro 2010 na Ponte do Porto

Instáurase o "Estilo Pincho"   Alfonso Castro e José e Iván Landeira, Comisión de Festas, posan nas Fonte dos Leóns da Ponte do Porto   Non sería raro que os máis sesudos analistas dos grandes centros de estudos e de investigación internacionais acudiran en masa a finais deste mes de xuño cara a Ponte do Porto para comprobar in situ unha nova forma de organizar unhas festas ancestrais. Uns modos presididos polo dicharacherismo, o desenfreno e o despiporre porque queridos usuarios, por primeira vez na historia, instáurase o "Estilo Pincho" na organización das grandes festas porteñas. Efectivamente, unha Comisión de Festas formada polos xerentes e os clientes emblemáticos do gran local de moda da Ponte do Porto foi quen de organizar un impresionante cartel festivo que arrancará o 28 e 29 de xuño cas Festas en honor a San Pedro e que continuará o fin de semana do 2, 3 e 4 de xullo ca ofrenda parroquial a San Antonio, ao Perpetuo Socorro e ao Santísimo Sacramento. Alí veremos sardiñadas, grupos de gaitas, bandas de música, pasarrúas, sesións vermouth, verbenas e santísimas misas. Todo elo aderezado co dicharacherismo chiquitero máis desenfrenado, tal e como corresponde aos días da festa grande...

Incendio na Centro de Saude da Ponte do Porto

Un pequeno incendio provocado por un cortocircuito obrigou a evacuar o Centro de Saúde Incendio con desaloxo incluido Recén inaugurado como estaba o seu flamante novo ascensor e na mañán deste martes 18 de mao de 2010 vai e declárase un pequeno incendio no edificio que alberga a Casa de Cultura e o Centro de Saúde da Ponte do Porto. Efectivamente, segundo noticias ás que puido ter acceso camarinas.eu, eran preto das 9:30 desta mañán cando un pequeno fogo ao parecer provocado por un cortocircuito nunha lámpara de barra fluorescente instalada no teito do segundo andar, concretamente na sala de pediatría, causaba un pequeno fogo. As lapas provocaron que se derretise o plástico que recubría a lámpara, o que supuxo unha intensa fumareda que obrigou a evacuar temporalmente á media ducia de usuarios nese momento presentes no Centro de Saúde porteño. Posteriormente, unha vez desprazados ao lugar unha dotación dos bombeiros de Cee e a Policía Local de Camariñas e visto que o fogo non ía a maiores procedíose a efectuar as necesarias labouras de limpeza, volvendo a funcionar a Clínica da Ponte ao longo da mañán sen maiores incidentes. Como conclusión só resta engadir que afortunadamente o flamante ascensor instalado no...

Degustacion de orellas e filloas

Pois xa están aquí, xa chegaron as festas de Carnavales e despois das enchentas que todos nos puxemos no Nadal nada mellor que os bos e cremosos postres cheos de azucre e graxas para completar esta rica dieta á que nos ten condenados a nosa peculiar cultura cristiano-gastronómica. Como xa anunciáramos hai unhas semanas, a comisión de festas da Ponte do Porto tiña previsto organizar unha verbena este venres coa orquesta Marbella e o Grupo D´Satelite pero para facela un pouco máis acorde con estas datas tamén realizarán unha gran degustación de filloas e orellas dende as 10 da noite. Así como un concurso de disfraces que premiará ás comparsas máis orixinais que se acerquen polo Pavillón Polifestivo da Ponte do Porto no que serán intalados uns xogos hinchables para que os rapaces poidan xogar mentras os seus pais bailan e degustan todos os manxares que a comisión de festas da Ponte do Porto ten preparadas para este venres 12 de febreiro. ...