Festas de San Pedro 2011

Visto o visto (Camariñas, Camelle) a ocupación de formar parte dunha comisión de festas estase a converter no noso concello nunha profesión de alto risco gracias ao aporte inestimable da política. Nembargantes, despreciando o risco suicida que se lles ven enriba, seguen a xurdir héroes anónimos que asumen esta pesada carga e se encargan de organizar as festas parroquiais da súa comunidade. Todo serán críticas máis ou menos xustas, insultos, graves descalificacións/insinuacións perseguibles penalmente e jaleos, jaleos que nunca se acaban e eso que faltan xustamente catro anos para as vindeiras eleccións municipais. Co arrecendo aínda fresco dos sucesos tristemente acaecidos en Camelle, en breve, dentro de 15 días, arrancan as festas de San Pedro na Ponte do Porto. ...

Carnaval no Pincho 2011

¿Alguén pensaba que íamos deixar pasar as datas de carnaval sen publicar o despiporre do Pincho? Non podía ser. E aínda que poda dar a impresión de que xa pasou todo esto do entroido parece que sigue a haber uns pouquiños nostálxicos destas datas (disfrazados de mosqueteros). En fin, por eso, despois duns días duros nos que a maioría dos veciños que se nos cruzaban polas calles nos facían a mesma pregunta e xa estábamos cansados de responder unha e outra vez coa mesma resposta decidimos publicar xa ante clamor popular o carnaval do Pincho. Un carnaval tan sorprendente e festivo que deixaría á altura do betún ou como unha triste e  patética comparsa nin máis nin menos que ao mesmísimo Sambódromo de Río de Janeiro. Algo así debían de pensar os habituais clientes do local de moda da Ponte do Porto nestas fechas pasadas de festa desenfrenada no Pincho. Ahí vos vai: o Carnaval no Bar Pincho. ...

Carnaval 2011 no Pincho

Un ano máis acude camarinas.eu ao seu compromiso perenne cas festas do Entroido. Esta edición o pistoletazo de saída co Carnaval 2011 para camarinas.eu darase ca impresionante cea que a Pulpería-Raxería O Pincho organizará  partires das 22:00 horas do venres 4 de marzo nunha enchenta sen precedentes na que para surtir ás mesas do local de moda na Ponte do Porto será necesario acometer un auténtico xenocidio porcino. Grelos, cachola de porco, chourizos, filloas á pedra e un postre a base das tradicionais orellas de Carnaval levarán o sabor aos agradecidos paladares porteños. É de supoñer que algúns dos comensais acudan disfrazados a un evento do que na web líder da Costa Atlántica daremos boa conta a través dunha das clásicas galerías fotográficas de alto contido despiporreante do Pincho. En fin, quedamos á espera. ...

Ponte do Porto: Festas de San Roque 2010

A labor dunha moderna comisión de festas non está xa tan só composta polas tradicionais funcións de diseñar un programa de actuacións, de contratar as orquestas, bandas de música e grupos de gaiteiros, de organizar uns fogos de artificio que non acaben nun aniquilamiento e de celebrar o correspondente festival gastronómico no seu caso, senón que cos tempos modernos son chegadas novas tareas medíaticas que inclúen unha publicitación da festa en cuestión que vai dende amplias sesión fotográficas ata a publicación das mesmas en medios de comunicación multitudinarios e masivos. Un exemplo deste novo modo de entender unhas festas populares é o representado pola comisión porteña capitaneada con tanta ilusión e esforzo por Iván e José Landeira, que non contentos con devolver á vida un local histórico dentro da máis exitosa movida porteña dos anos 70 e 80, un Pub O Pincho transmutado agora en raxería-pulpería, decidiron coller o timón das festas da Ponte do Porto para insuflarlle un novo alento e para elo iniciaron, a semellanza da Comisión das Festas do Carme de Camariñas, unha colaboración ca web máis vista, influinte e decisiva da historia da Costa da Morte: camarinas.eu. Por elo, camarinas.eu procede a publicar máis de 50...

Ponte do Porto: Festas de San Roque 2010

Los Tres Tenores das festas porteñas: Iván e José Landeira e Alfonso Castro Unha comisión de xoves promesas Foise unha das mellores comisións de festas da historia da Costa da Morte e sen dúbidas a mellor en Camariñas dende hai décadas, pero na Ponte do Porto queda outra que tras un ilusionante debut no que deron amplias mostras da calidade e talento que atesoran os seus membros, amenaza con convertirse en próximas tempadas nunha firme realidade do panorama festeiro desta festiva Costa Atlántica. Así o puido comprobar a esixente hinchada porteña con ocasión dos importantes desafíos asumidos por estes tres ilusionados chavales nas festas de San Pedro e o Sacramento. Agora, ca experiencia adquirida tras uns primeiros exames pasados con excelente nota, chega a reválida: a Festa de San Roque, na que destaca a populosa e suculenta churrascada que terá lugar ao carón do fluir maxestuoso e apacible do Río Grande o venres 13 de agosto e a actuación da Orquesta Ceniza o sábado 14. Unha comisión con pegada propia, cun estilo diferente e inigualable, "o así bautizado como "Estilo Pincho" en honor ao histórico bar porteño no que se xestou o nacemento dun equipo chamado a deixar unha pegada...