- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 11 Agosto 2008 11 Agosto 2008
¡As tropas de élite de camarinas.eu invaden Vimianzo!

Aproveitando o clima bélico que actualmente estamos a vivir, camarinas.eu tamén movilizou este fin de semana a todas as súas tropas de élite para o asalto e conquista final do feudo inexpugnable de Alejandro Rodríguez, Emperador Primeiro e Único de Vimianzo, con motivo das Festas patronais que celebraba o noso querido municipio limítrofe. Os hippies rastas e celtas (¿?) do asalto ao castelo non se atreveron, pero camarinas.eu sí: nada pode deter a tres redactoras como as nosas, as cales plantáronse nas Festas de Vimianzo e competiron en beleza ca estrela de Operación Triunfo Soraya. Pulsa na foto para ver a reportaxe elaborada polas tres mulleres que fixeron doblar a rodilla á mesmísima Soraya.
Camarinas.eu nas Festas de Vimianzo
Porque para ir a Vimianzo hai que ir preparado: non en vano ten a un estadista ao frente dos seus destinos dende hai máis de trinta anos, un home que reformulou as bases doctrinales do socialismo dunha forma tan exquisita que faría tremer de envidia ao mesmísimo Karl Marx na súa tumba. Así que non houbo máis remedio que enviar a tódalas nosas forzas terrestres (lamentablemente non as marítimas: a Flota de Guerra de camarinas.eu co seu buque insignia, o Cirros, quedaba impedido para a labor bélica debido a ausencia dun río consistente en Vimianzo, pero que trema a web fluvial de Santa Comba: nada impide ao noso letal Cirros transportar á implacable Infantería de Marina de camarinas.eu para o asalto postrero e final). A infantería e os carros blindados sí que foron. A infantería composta por dous vellos oficiales das Guerras Napoleónicas, dous galanes experimentados nas artes amatorias e idolatrados polo xénero femenino; e a cabalería, formada por tres redactoras de corpos esculturales e mentes despertas e áxiles, Adry, Lucía e María Belén, sempre listas para captar a exclusiva, como no caso presente son os dous vídeos grabados en condicións adversas e extremas por Lucía.
Pois aquí tedes unha reportaxe captada extramuros do Concello de Camariñas, tras o envío masivo de tódalas nosas forzas expedicionarias a un Concello alén do noso. Non sabemos onde caerá a lupa microscópica de camarinas.eu a próxima vez, pode ser Laxe, pode ser Santa Comba. En todo caso, como aquí non queremos enganar a nadie, tal vez apreciedes que a reportaxe non da para muito, pero é que este ano as Festas de Vimianzo estuveron medio derrotadas e a afluencia de público deixou bastante que desexar. Pero tranquilos, xa tomou nota e está traballando para que non se repita o próximo ano o noso querido e admirado Alejandro, Emperador Primeiro e Único de Vimianzo.
Comentarios
ta mui ben oh a reportaxe,as fotos unha maravilla nn se pode pedir mas nun dia de festiña jeje
un saludiño a todosss
BIKIÑOSSS
eña salu3
**Yo el Aventurero**
q ben o pasamos no jato nejro diego! a ver pa san ramón q tocará festa en kmariñas e hai q volver q inda q non sea o carme ha d tar dpm =
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.