- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 30 Xuño 2008 30 Xuño 2008
Como é habitual ano tras ano, a temporada de festas de verán ten o seu punto de arranque nas festas de San Pedro da Ponte do Porto. Alí todos aqueles festeiros que veremos desfilar polas distintas romarías e festas dos contornos ao longo dos dous meses seguintes quentan motores e fan a súa particular pretemporada. En San Pedro están aquelas caras da xuventude que animarán as milenarias festas desta Costa da Morte nosa.
A Sardiñada de San Pedro 2008 da Ponte do Porto atrae a riadas de xente e de viño
Para esta edición de 2008 a Comisión de festas de San Pedro ideou un programa de actividades que tiña como punto estrela o dunha sardiñada ben regada con viño do país totalmente gratuita. Esto fixo que na noite do venres a vila porteña se enchera como nos bos tempos e ríos de xente afluiran á mesma para empaparse dos ríos de viño que por alí corrían e que dunha forma ou outra desembocaban no noso querido Río Grande. En todo caso a Sardiñada foi un éxito é á marxe de algún que outro altercado, as persoas que alí se congregaron pasaron un bo rato, desfrutaron coa orquestra Trova e fixeron que a Ponte recuperara por unha noite un pouco daquel esplendor que tiña antaño.
Comentarios
Esperemos que este finde non se repitan e sea máis tranquilo.
Polo demais mui ben.
Diego mui chulas as fotos a ver que fas este finde... Un saludo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.