- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 08 Abril 2008 08 Abril 2008
A gasolineira da Ponte do Porto atracada este luns

A TVG desprazouse ata a Ponte do Porto este mércores para coñecer o caso
Esta luns pasado 7 de abril a gasolinera da Ponte do Porto foi obxecto dun violento atraco por parte dun descoñecido que chegou a meter un coitelo no pescozo a unha operaria de Camelle que estaba a cerrar a dita gasolineira. O ladrón atacou cun coitelo por detras á rapaza mentras ela recargaba o móbil deste individuo o cal lle quitou a bandoleira dos cartos e pouco máis. Ao parecer foi un atraco algo absurdo xa que, según testemuñas que falaron coa rapaza despois do roubo, o atracador marchou nun coche e aos presentes doulles tempo de coller a matrícula de dito coche e chamar á Garda Civil que rapidamente montou un dispositivo de búsqueda co que o ladrón foi capturado horas despois curiosamente nunha barra americana próxima. Polo que se ve tiña ganas de festa...
Esperemos que a nosa querida amiga da gasolineira se recupere pronto do susto e volva a ser aquela dicharacheira rapaza que nos alegraba o día cada vez que tiñamos que pagar as subas da gasolina. Con respecto ao atracador, non estaría mal que viñera por esta zona da Costa da Morte un juez deses americanos para que lle puxera un bo par de cremosos anos de traballos forzados nunha cárcel desas tan divertidas de Texas.
Comentarios
desirlle o atracador que pa ir pa casa de chicas non fai falta asustar a unha chavala,que vaia a pufo e que lle paje pa próxima ves,si non que vaia pa tras de un árbol.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.