5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (2 Votes)

O pasado fin de semana tivo lugar en Culleredo unha nova edición do Parlamento Xove, na que 22 equipos de toda Galicia de 3º e 4º da ESO se enfrontaron entre sí en debates nos que tiñan que argumentar se era conveniente incrementar as sancións a empresas e particulares que cometerán delitos medioambientais.

Catro alumnos de 3º da ESO do IES Pedra da Aguia de Camariñas, que tamén son embaixadores júnior do Parlamento europeo, participaron activamente nos debates pese a non pasar á fase final. Laura, Noa , Borja e Álvaro defenderon a súas posturas de xeito moi brillante. Os seus sólidos argumentos, unhas veces a favor e outras en contra, sempre estiveron respaldados por claras evidencias. Sen embargo, a posta en escena deste tipo de debates académicos, nas que os rapaces non paran quietos no atril, fixo que as súas exposicións quedaran máis ben deslucidas.

Polo visto nas salas, os xurados valoraron máis as formas que os contidos e iso quedou reflectido nas puntuacións obtidas. En todo caso, os rapaces fixeron un balance moi positivo da súa actuación e queren repetir o ano que vén.

De volta ao Centro, esta semana recibiremos a visita de Horacio Díez, representante da Oficina do Parlamento Europeo en Madrid, para facer unhas dinámicas cos novos embaixadores e para observar de preto os proxectos que temos en marcha. Estes proxectos culminarán, se o coronavirus o permite, cunha a viaxe a Bruxelas para celebrar alí o Día de Europa o 9 de maio.

Outra gran nova para o noso centro é que veñen de concedernos o programa de “Centros educativos ambientais” para o vindeiro curso, o que motivou os parabens da Conselleira de Educación, xa que somos o único centro de Galicia en participar nese programa, que permitirá a 25 alumnos da ESO viaxar á localidade cántabra de Viérnoles para estudar o tema dos microplásticos.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.