- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 04 Xuño 2019 04 Xuño 2019
Non sempre toca gañar. E iso é o que lles pasou aos 4 alumnos de 4º da ESO que recentemente participaron na II Olimpíada da Historia, que organiza a Universidade de Vigo no campus de Ourense. En todo caso, o seu concurso foi brillante xa que obtiveron un meritorio 5º posto a nivel autonómico. O evento celebrouse na Facultade de Xeografía e Historia da cidade das Burgas. O noso equipo, composto por Helena, Nerea, Carolina e José e coordinado polo seu profesor de Historia Jacobo Santos, foi de menos a máis durante toda a competición e por momentos liderou un dos grupos que daba acceso ás semifinais. Con todo, despois de 120 preguntas sobre historia mundial, na que se mesturaron imaxes e textos, non puideron alcanzar a meta desexada de estar entre os 4 primeiros. Representa, con todo, todo un éxito polo nivel dos outros representantes e polo feito de ser o único equipo de toda a Costa da Morte presente neste evento.
