- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 22 Decembro 2018 22 Decembro 2018
Na mañá deste sábado 22 de decembro saltaba a sorpresa nas redes socias do concello, e non estamos a falar dos 120 euros de premio na lotaría do nadal da comisión de San Xurxo. Ao que nos referimos é ao video que os chavales do IES Pedra da Águia estrenaban para celebrar o 20 aniversario do instituto da Ponte do Porto. E foron capaces de sorprender a propios e extranos no día no que moi poucos se volveron de pronto millonarios e o resto de españois, pois un pouco máis pobres do que estábamos. Pero resultou que, a parte do fiasco da lotería de nadal, os estudantes do IES puxeronnos a todos os internautas un gran sorriso na cara con un video impresionante, dunha posta en escea espectacular que seguro quedará para a historia da ensinanza en toda a Costa da Morte. Dende esta redacción queremos darlles a noraboa a todos os que fixeron posible este video para celebrar os 20 anos de existencia dun instituto que seguro vai ter premio proximamente. Noraboa!