1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Continúan a sacudirnos as malas noticias dentro do noso concello. Á morte de Don Manuel Lista sumouse este mércores 10 de setembro de 2014 o pasamento de outra veciña da zona do Muiño do Vento, Dona Esperanza Touriñán Baña de 87 anos de idade. Aínda que Dona Esperanza era natural da Ponte do Porto hai algúns anos que residía xunto a súa única filla e o seu xenro en Camariñas. O corpo sen vida de Dona Esperanza está sendo velado no Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín de Camariñas. A eso das tres e media da tarde deste xoves 11 de setembro sairá o cortexo fúnebre dende as instalacións mortuorias camariñanas ata a Igrexa de San Pedro de A Ponte do Porto onde terá lugar o funeral de corpo presente para logo despois proceder ao sepelio no Cemiterio Novo de dita parroquia. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas condolencias a todos os familiares e amigos de Dona Esperanza. Descanse en Paz.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.