- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 11 Xuño 2014 11 Xuño 2014
Dun tempo a esta parte as rúas da Ponte do Porto estanse vendo sacudidas por unha pequena revolución de pequenas obras varias do seu entramado vial. Concretamente as zonas afectadas son as que van dende o Outeiro ata a ponte, máis ou menos ata a altura da entidade bancaria antigamente chamada Banesto, agora Banco Santander, onde se procedeu a eliminar as barreiras que había nas beirarrúas (tales como aceras-escaleiras) que impedían o paso de silla de rodas e carritos. Asemesmo tamén se está a dar continuidade a beirarrúas en zonas onde antes tiñan preferencia os coches,e que agora pasarán a ser de prevalencia peatonil. O alumeado público será outro dos eidos afectados eliminando unha serie de postes que co tempo deron en ser superfluos e que dificultaban onormal tránsito. Finalmente, na Travesía da Esquipa estase a facer unha inversión de 50.000 euros no que dende o comenzo foi un clásico da nova corporación municipal: novas tuberías para pluviais e saneamento en este caso pols dous lados, novas beirarrúas e pavimentación con aglomerado asfáltico. Non está mal, para os tempos que corren.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.