- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 29 Xuño 2013 29 Xuño 2013
Vaise pouco a pouco desgranando o calendario festeiro municipal e así este venres a quen lle tocou o turno foi a Ponte do Porto ca celebración da súa sardiñada de San Pedro. Organizada un ano máis ca colaboración imprescindible dos nosos queridos amigos do Pincho, uns cantos centos de visitantes puideron degustar o gran rei dos mares da Costa da Morte asado ao estilo porteño. Todo elo como aperitivo dunhas festas patronais que terán a súa continuación este sábado 29 de xuño. A Ponte do Porto festexa ao seu santo patrón nun fin de semana pleno de eventos relixiosos e actuacións musicais: o sábado ca Orquesta Marimba e o DJ Manu Gz, que ou ben é nacionalista ou se apelida González, ese gran apelido español, culpables os seus portadores de cubrir de tanta gloria en tan renombradas ocasións a esta santa nación, dende Raúl González Blanco a Juan Jesús Vázquez González (por certo, feliz cumpreanos papá), e o domingo a suposta Orquesta Alaskadeluxe, mezcolanza esquizofrénica e tal vez inapropiada de Alaska e Kaka de Luxe. E terá todo este peculiar ambiente festeiro a súa debida continuación para o vindeiro fin de semana ca así denominada Gran Festa da Xuventude que será amanizada por América e Disco Móvil Landy (venres), Los Príncipes e unha actuación por contratar, pendente duns pequenos flecos de última hora (sábado) e Suavecito (domingo). A festa arranca con forza no Concello de Camariñas.
Comentarios
en una lajunaa ,donde se bañan las feas ,donde se bañan las feas porque guapa no hay ninguna y esa la tienen su padre y esa la tiene su padre ,en la cuadra con la mula.En el medio del Outeiro,en el medio del Outeiro ai unha piedra redonda ,el que tropiesa y se cae es señale que no la vioe
«En nombre de familia, quiero expresar un sentimiento de profunda humildad de estar en un lugar donde personas de semejante coraje se plantaron ante la injusticia y se negaron a rendirse», escribió el mandatario estadounidense en el libro de visitas, que firmó junto a su esposa Michelle.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.