- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 11 Febreiro 2013 11 Febreiro 2013
En vez da Plaza Roxa de Moscú o 9 de maio, en lugar da Plaza de Colón o 12 de outubro, a Ponte do Porto contou con todo un señor desfile militar na mañán deste domingo 10 de febreiro de 2013. E xusto alí onde menos se esperaba, diante de todo un templo do amor, un paraíso carnal onde se libraron tamén grandes batallas pero de outro tipo. Precisamente as tropas desfilaban alí: a saída da vila porteña, en frente do que en tempos se dou en chamar "O Paloma", sen dúbidas como xusta homenaxe a aquela ave da paz, a pombiña do amor, que pintara Pablo Picasso por encargo do Partido Comunista para ilustrar a inconmensurable ansia pacifista que animaba os esforzos políticos de Stalin.
E os protagonistas deste impresionante desfile, espectacular en verdade, foron os rapaces da Escola de Ballet de Vimianzo que cun número apreciable de soldados porteños, camelláns e de Arou nas súas filas desprazaban na data de autos o seu poderoso e aguerrido continxente bélico ata a Ponte do Porto para improvisar un desfile dos nosos tres exércitos. E para evitar malentendidos e expresar a ansia pacífica e antibélica que animaba os seus desvelos carnavalescos nada mellor que comenzar a súa ruta diante de todo un santuario das artes amatorias, alí onde tantos e tantos dos nosos veciños, despois de presentar armas, van bos de pasar algúns dos mellores momentos das súas vidas. E precisamente un dos mellores momentos deste Carnaval foi o protagonizado por este puñado de xóvenes da Costa da Morte que executaron un desfile dunha pulcritude e perfección tal que xa quixeran para sí moitos exércitos de medio pelo que pululan polo mundo.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.