- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 22 Xaneiro 2013 22 Xaneiro 2013
Unha chuvia xeralizada barre dun tempo a esta parte a face azoutada e exangue da España dos nosos días. Chuvia de corrupción política, de roubo a mano armada, de explotación escravista duns cidadáns honrados obrigados a deslomarse traballando para pagar os afogantes impostos cos que manter a tanto vividor militante de partido político, aos que non parece chegarlle cos seus soldos en organismos oficiais e rouban todo o que poden e máis; chuvia de pobreza extrema, de millóns de parados, de familias ao límite da susbsistencia, de néboas de tempos mellores vividos tamén e para completar un cuadro en realidade desesperante chuvia de temporais que cruzan a Península Ibérica dun extremo ao outro e que cas súas chuvias perpetuas e ventos descontrolados contribúen a arruinar un pouco máis aquela terra que se non fora polos seus inquilinos (os españoles) sería un gran país.
Un exemplo da descomunal oleada de temporais de auga (dos outros, do políticos, xa estamos ben servidos a conta das desventuras e peripecias do PP de Camariñas) púidose observar este mesmo domingo no outrora bucólico rincón do Posiño, na denigrada e insultada polo Comité de Sabios Expertos do PP local entrañable vila da Ponte do Porto cando as augas embravecidas desbordaron o seu caudal e ameazaban con subir en calqueira momento pola ponte, feito que finalmente se consumaba na media tarde do día en cuestión. Unhas imaxes certamente impactantes, que amosan a forza sobrecolledora que pode chegar a acadar a natureza desencadeada e que levan a unha triste reflexión sobre a pouca consistencia da condición humana enfrentada a perigos inconmensurables a cada paso e contra os que pouco pode. Inclusive os membros do así autodenominado Comité Local de Sabios Expertos do PP de Camariñas.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.