- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 29 Novembro 2012 29 Novembro 2012

Dende sempre, por pura decencia, fumos especialmente refractarios aquí en Camarinas.eu ao puro e sinxelo roubo, ao saqueo, ao acto de aproveitarse do duro traballo alleo. É por elo que ficamos desalentados e especialmente indignados con calquer acto de latrocinio que acontece dentro do noso concello. O derradeiro exemplo desta vaga de roubos de todo tipo que invade as nosas terras aconteceu na madugrada deste xoves 29 de novembro de 2012 na Ponte do Porto, onde uns descoñecidos entraban a roubar na Pizzería Brasil.
Desta volta polo tanto foi a nosa querida e milenaria vila porteña quen sufría nun dos seus locais gastronómicos máis emblemáticos a visita dos amigos do alleo. Segundo as informacións ás que tivo acceso Camarinas.eu xa estiveron durante esta mañán alí as autoridades e a primeiras horas da tarde o dono da pizzería Sergio visitaba no Cuartel da Guardia Civil de Camariñas interpoñendo a correspondente denuncia. Saqueadores, desvalixadores, puros e sinxelos ladróns, que arramblan con todo, non deixan nada e que parecen non ter fin.

Comentarios
Naturalmente que hay excepciones y las necesidades son grandes, pero en esos casos de perentoria necesidad, no destrozan locales, ni van a altas horas de la madrugada, con premeditación y alevosía,
amparándose en la oscuridad para cometer el daño.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.