Neste estado quedou o coche do noso querido amigo Manolo O Panadeiro
O fontaneiro do Concello Manolo "O Panadeiro" dirixíase hacia á Ponte do Porto para comprobar o estado do depósito municipal de auga potable cando un porco bravo saeulle ao paso antes de chegar aos Colexios da Ponte, sen que o fontaneiro camariñán poidera esquivalo. O animal, gravemente ferido, andou arrastrándose uns metros pola cuneta ata que se desvaneceu a pouca distancia do suceso. O xabarín foi recollido por un grupo de cazadores que se acercaron ao lugar do atropelo. Ao parecer o animal era dun gran tamaño e segundo os alí presentes "pesaba uns 100 kilos". Non nos extraña, á vista está o estado no cal quedou o Patrol do Concello.
+1#RE: Accidente na entrada da Ponte do Porto —
Mikel04/12/2007 21:07
Que raro,,tiña q ser un porco muy bravo porque ainda nunca vin un choque nesa persona,,,Manolo Panadeiro,,atacannos os porcos,,vaiche boa jajajajajja Un saludo primo
Comentarios
Un saludo primo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.