- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 29 Xuño 2011 29 Xuño 2011

Tráxicamente a carretera volvío tinguir de loito ao Concello de Camariñas. Faltaban poucos minutos para as 21:00 horas deste malhadado martes 28 de xuño de 2011 cando no kilómetro 1,2 da vía que une Ponte do Porto con Camelle o Renault Megane do xoven Ismael Romero Grela de 22 anos e natural de Dor saíase da carretera, despeñábase por un terraplén duns 5 metros cara o leito do Río Porto e falecía como consecuencia da brutal colisión. Inmediatamente desplazábanse cara o lugar de autos unha dotación de Protección Civil de Camariñas así como dúas patrullas de tráfico que nembargantes pouco podían facer xa para evitar unha nova traxedia nas nosas carreteras.
Dous acompañantes do xoven falecido eran trasladados á instalacións hospitalarias como consecuencia dun accidente nun punto negro que xa no pasado dou probas da súa perigosidade. Como suele ser habitual nestes casos tamén podíase verse por alí ao alcalde camariñán Pichurri que pouco podía facer senón constatar a realidade deste novo drama. O rapaz siniestrado vivía na parroquia porteña de Dor ca súa avoa mentras os seus pais estaban a residir nas Illas Canarias, a onde habían emigrado por cuestións laborais. Ao coñecer esta tráxica nova, colleron de inmediato un vo cara a Península completamente abatidos pola perda do seu fillo. O impacto na Ponte do Porto foi grande e fálase que poderían ser suspendidas as Festas de San Pedro. Nestes duros momentos nos que ningunha palabra nin ningún feito pode servir de consuelo cara esta aflixida familia, dende camarinas.eu nembargantes envíamoslle o noso máis sinceiro pésame e animamos aos nosos lectores a que acompañen aos familiares nestes duros momentos.
{phocagallery view=category|categoryid=667|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios
D.E.P., ISMAEL.
Antonio Puertas.xavitru
Mil Bicos.
carmen de cures
Tino Rogero Figueiras e Daniel Rogero.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.