- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 15 Xuño 2011 15 Xuño 2011
Visto o visto (Camariñas, Camelle) a ocupación de formar parte dunha comisión de festas estase a converter no noso concello nunha profesión de alto risco gracias ao aporte inestimable da política. Nembargantes, despreciando o risco suicida que se lles ven enriba, seguen a xurdir héroes anónimos que asumen esta pesada carga e se encargan de organizar as festas parroquiais da súa comunidade. Todo serán críticas máis ou menos xustas, insultos, graves descalificacións/insinuacións perseguibles penalmente e jaleos, jaleos que nunca se acaban e eso que faltan xustamente catro anos para as vindeiras eleccións municipais. Co arrecendo aínda fresco dos sucesos tristemente acaecidos en Camelle, en breve, dentro de 15 días, arrancan as festas de San Pedro na Ponte do Porto.
Será o martes 28 de xuño, cando ca celebración da multitudinaria sardiñada porteña arranquen as festas en honor ao santo que nas súas épocas de maior esplendor chegou a negar ata tres veces ao mesmísimo Xesús, sardiñada que será amenizada polos sons musicais camariñáns dos Panchos do Jolfendro. Ao día seguinte, as orquestas Trébol e Aramio proporcionarán o soporte musical á primeira verbena das festas. Parón de un día polo medio e o venres un de xullo, día de arranque das rebaixas de verán 2011, no día adicado a San Antonio as orquestas Principal e Ritmo Xoven asumirán o pesado legado de continuar unhas festas antigas como o mundo. Sábado do Perpetuo Socorro con Verano Azul e Superfama e domingo do Santísimo Sacramento ca banda municipal de Arzúa e cunha gran orquestra aínda por determinar, tal e como se suele decir no argot festeiro. En fin , todo listo na Ponte para que arranquen as festas de San Pedro, as cales desexamos sinceiramente que, si a política o permite, discurran do modo máis civilizado e ameno posible.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.