- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Ponte do Porto Ponte do Porto
- Created: 10 Xullo 2009 10 Xullo 2009

Alejandro Rodríguez, aclamado Alcalde de Vimianzo e exemplo político a seguir por Camarinas.eu
¡¡En Carnés con Alejandro Rodríguez!!
Nun evento gastronómico como a Faguía de Carnés o espectador avezado pode contemplar esa rara avis política chamada Alejandro Rodríguez desenvolverse no seu medio natural: nunha afastada parroquia pertencente á Galicia profunda; rodeado do calor e cariño do seu amado pobo humilde e traballador; degustando un prato sinxelo e tradicional, probablemente saboreado con fruición e placer por Alejandro dende os días en que era un espabilado meniño vimiancés, unha vianda afastada de efectismos e modernidades que nunca entendeu moi ben o auténtico Emperador político da Costa da Morte; e sempre despertando a admiración do xoven electorado femenino, na tarde dos Callos de Carnés, en plenas festas de San Cristóbal, Camarinas.eu só tivo ollos para o seu mentor político e auténtico exemplo democrático a seguir. Ao parecer por alí tamén deambulaban Alfonso Rueda, Conselleiro da Presidencia, Carmen Borbujo, líder do PP vimiancés, a nosa amiga e Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas Sandra Insua Rial, que formaba parte dunha numerosa representación dos (¿ex?) compañeiros de Alejandro, pero para Camarinas.eu quere resaltar especialmente a presencia de Alejandro Rodríguez e así dende estas humildes páxinas a redacción fai a solemne promesa de que no caso de que o actual Alcalde de Vimianzo decida presentarse ás próximas eleccións, polo partido que sea (¿PP?, PSOE?, ¿os comunistas?), no Concello de que se trate (¿Vimianzo? ¿Camariñas? ¿a Presidencia da Xunta?) e rompendo por unha vez a nosa estricta neutralidade política, esta redacción poñerá ao seu servicio toda a súa demoledora maquinaria informativa para entre todos levar en volandas ao noso único pai político cara outro mandato que nestes tempos incertos de fame e crisis faise máis necesario que nunca. Prometido queda.
Comentarios
Sempre se me pasa o día.
Sempre un atranco, ou revés…
O certo é que nunca olvido
Estas festas de Carnés.
Eínda lembro aqueles callos
Que noutro tempo papei,
Que son a envidia de muitos
E sempre os lembraréi.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.