Excelente actuación do IES Pedra da Aguia no Parlamento Xove

Excelente actuación do IES Pedra da Aguia no Parlamento Xove

O pasado fin de semana tivo lugar en Culleredo unha nova edición do Parlamento Xove, na que 22 equipos de toda Galicia de 3º e 4º da ESO se enfrontaron entre sí en debates nos que tiñan que argumentar se era conveniente incrementar as sancións a empresas e particulares que cometerán delitos medioambientais. ...
Reparación do parque infantil do CEIP da Ponte do Porto

Reparación do parque infantil do CEIP da Ponte do Porto

Estes días deron comezo os traballos de renovación e mellora do parque infantil do CEIP da Ponte do Porto por parte do Concello de Camariñas. A través desta actuación, moi demandada polos pais e nais dos nenos porteños, instalaranse tres xogos que consistirán en un tobogán e dous balancíns así como tamén se habilitará unha zona de descanso para que os pequenos estudantes da escola da Ponte podan recobrar folgos despois dos seus xogos. Tamén se adecentou o firme cunha capa de pavimento pulido pola cal se distribuirán os novos xogos.  O obxectivo do goberno local dirixido por Sandra Ínsua consite en continuar a mellorar as zonas de xogos dos máis pequenos sobretodo nos centros escolares de cada parroquia. E dende Camarinas.eu trataremos de seguir estas obras menores, eso si, pero que redundan inmensamente no benestar dos nosos pequenos. ...
Os alumnos do IESP Pedra da Águia da Ponte do Porto nas Olimpiadas da Historia

Os alumnos do IESP Pedra da Águia da Ponte do Porto nas Olimpiadas da Historia

Non sempre toca gañar. E iso é o que lles pasou aos 4 alumnos de 4º da ESO que recentemente participaron na II Olimpíada da Historia, que organiza a Universidade de Vigo no campus de Ourense. En todo caso, o seu concurso foi brillante xa que obtiveron un meritorio 5º posto a nivel autonómico. O evento celebrouse na Facultade de Xeografía e Historia da cidade das Burgas. O noso equipo, composto por Helena, Nerea, Carolina e José e coordinado polo seu profesor de Historia Jacobo Santos, foi de menos a máis durante toda a competición e por momentos liderou un dos grupos que daba acceso ás semifinais. Con todo, despois de 120 preguntas sobre historia mundial, na que se mesturaron imaxes e textos, non puideron alcanzar a meta desexada de estar entre os 4 primeiros. Representa, con todo, todo un éxito polo nivel dos outros representantes e polo feito de ser o único equipo de toda a Costa da Morte presente neste evento. ...
"O Mundo que Queremos" no Instituto IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

"O Mundo que Queremos" no Instituto IES Pedra da Águia da Ponte do Porto

Espectacular posta en escena a levada a cabo o pasado venres no IESP Pedra da Aguia de Camariñas por todo o alumnado de 3ºESO. Coordinado polas profesoras Liliana Piñeiro, Susana Álvarez e Silvia Lijó, o alumnado mostrou a toda a comunidade educativa os traballos realizados ao longo do curso no programa “O Mundo que Queremos”, un Plan Proxecta da Consellería de Educación.  O antedito programa ten como punto de partida, a difusión dos dezasete Obxectivos 2030 para o Desenvolvemento Sositible da ONU, así como o fomento nas xeracións máis novas, dun sentido de cidadanía global, consciente do seu papel para transformar a sociedade desde o ámbito local. O programa que durou seis meses, centrouse en dous dos obxectivos mencionados por escolla do alumnado: a igualdade de xénero (nº5) e a redución das desigualdades (nº10). Ao longo de todo ese tempo, ambas cuestións foron abordadas de maneira conxunta a través de diferentes obradoiros de radio, vídeo e teatro, así como de charlas e dinámicas pensadas para unha aprendizaxe máis activa. Así mesmo, o proxecto tivo unha vocación interdisciplinar sendo promovido desde as áreas de Xeografía e Historia, Lingua Castelá e a Biblioteca Escolar, e con colaboracións puntuais dos tres departamentos de...
Don Manuel Dopazo López, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Don Manuel Dopazo López, veciño da Ponte do Porto, Descanse en Paz

Este sábado 18 de maio esta redacción era coñecedora da triste noticia que anunciaba a defunción do querido veciño da Ponte do Porto Don Manuel Dopazo López aos seus 90 anos de idade. O corpo sen vida de Don Manuel está sendo velado no Tanatorio Parroquial da Ponte do Porto, dende onde sairá cara a Igrexa de San Pedro ás 16:45 da tarde deste domingo 19 de maio. Xa no sagrado templo porteño será celebrado o funeral de corpo presente pola alma de Don Manuel para, acto seguido, ser realizado o seu sepelio no Cemiterio da Ponte do Porto onde os restos mortais de Don Manuel terán merecido descanso eterno. Vaia dende esta redacción as nosas máis sinceiras condolencias a toda a familia e amigos de Don Manuel Dopazo López. Descanse en Paz. ...