Boxeo Popular na Sede Local

O pasado 8 de decembro de 2012 o planeta do boxeo asistía alborozado ao combate que enfrentou na cidade de Las Vegas ao púxil mexicano Juan Manuel Márquez co filipino Manny Pacquiao, un deses enfrontamentos chamados a facer historia, a pervivir durante décadas no imaxinario colectivo dos aficcionados, resolto finalmente dun xeito sorpresivo e demoledor. E agora vimos de saber en Camarinas.eu que en datas recentes na sede local do PP en Camariñas estivo a piques de desencadearse un combate de parecidas características que tería, como non podía ser menos, como triste e lamentable protagonista a todo un peso pesado...

12/12/2012 - O Día do PXOM

Desta volta todo parece indicar que aquela que foi a súa máxima prioridade dende o primeiro día, aquelo que segundo contaba en confianza aos seus achegados foi o que o fixo realmente meterse nunha carreira pola Alcaldía, o gran sono político de Manuel Valeriano Alonso de León, Pichurri, que o seu Concello contase cun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), está a piques de cumprirse. Tal e así que no Pleno polo que se aprobaba por terceira vez provisionalmente o documento que porá orde urbanística en Camariñas de forma definitiva, ata o líder da oposición Daniel Rego González chegaba a...

Clamor Popular contra o Secretario Xeral

A situación de ruptura interna, de descomposición absoluta, de sálvese quien pueda, de ridículos espantosos e sucesivos dos seus integrantes na prensa autonómica, que asola ao PP de Camariñas non é de agora. Nin siquera comenzaría ca sucesión de batacazos derivados do proceso de asalto ao Club Náutico de Camariñas emprendido a principios deste ano polo Presidente da Agrupación Local ca axuda discontinua, en función do apoio aos seus  intereses sucesorios, do director da web oficiosa do partido. Camarinas.eu ten no seu poder un documento que probaría ben ás claras que a oposición e o rexeite xeralizado nas filas populares...

Seguimento ás obras do Tanatorio de Camariñas - 30 de novembro de 2012

Na tarde deste venres derradeiro do mes de novembro tivo Camarinas.eu a fortuna de captar en vivo un documento gráfico de valor excepcional. O Alcalde de Camariñas Pichurri, o responsable da empresa constructora e o representante da firma encargada da redacción do proxecto así como da dirección da obra reuníanse no Muiño do Vento, no que antes era un muladar cheo de silvas, toxos e malas herbas, para comprobar o estado das obras do futuro Tanatorio Municipal. Alí, baixo un impresionante cartel verdibranco que publicitaba a inversión millonaria ca que a Excelentísima Deputación Provincial da Coruña financia a obra, puídose...

Eleccións Autonómicas 2012 Camariñas

Mentras o PP arrasaba no resto de Galicia, no Concello de Camariñas sufrío un espectacular retroceso. Se tomamos en consideración as derradeiras eleccións realmente comparables, as Xerais de novembro de 2011, hai menos de un ano, as aventuras navales dos seus dous principais representantes no noso Concello costaron ao seu partido unha pérdida de 531 votos en tan só 11 meses. De gañar por  704 votos de diferencia a facelo por 320, contradecindo deste xeito a tendencia xeral do resto da Comunidade Autónoma na que os populares aumentaron a súa maioría ata distancias siderales. Mentras no resto subían sen descanso,...