Rebelión radical no PP camariñán

Poucas veces se verá unha imaxe dun partido político como a que ofrece a día de hoxe o PP de Camariñas. Por un lado, un autodenominado Comité Local, catro nulidades soltas, que asume unha representación que non lle corresponde e que realmente non representa nada, ofrece ao público opinións particulares sobre calquer asunto que ninguén lle pedío, e o que é peor, a ninguén lle interesan, e que só busca abrirse un oco na sucesión presidencial local a maior gloria do seu hipopotámico líder. Por outro, un Presidente Local, enfangado dende hai un ano na defensa suicida dos seus intereses...

PXOM de Camariñas publicado no DOG

As colaboracións entre o Conselleiro de Medio Ambiente Agustín Hernández e o Alcalde de Camariñas Pichurri datan xa de épocas tan antigas como as da construcción das EDAR da Ponte do Porto e Camelle, fitos históricos ambos glosados ampliamente no seu momento por Camarinas.eu. Outro exemplo de cooperación interadministrativa foi a aprobación recente do Plan Xeral de Ordenación Municipal no que Concello de Camariñas e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras acabaron por ir da man para ordenar xurídicamente dunha vez o urbanismo municipal, colaboración que foi obxecto da que puido ser sen dúbidas unha das exclusivas máis importantes...

Rolda de prensa sobre o PXOM

Xusto un día despois de que Camarinas.eu dera a exclusiva da confirmación da aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, ca chegada ás dependencias municipais do documento ratificatorio, a corporación camariñana convocaba unha rolda de prensa na Sala de Plenos para valorar o impacto do feito histórico acadado. Chegábase a esta comparecencia tras unha longa travesía finalmente saldada cun éxito arrollador, deses chamados a permanecer durante décadas no imaxinario colectivo e que marca un antes e un despois na regulamentación urbanística de Camariñas. A seguridade xurídica fai a súa entrada impactante con 40 anos de retraso e establece un...

Aprobación definitiva do PXOM de Camariñas

Día histórico para o Concello de Camariñas, a Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras aprobou definitivamente o PXOM de Camariñas. Por primeira vez en toda a nosa historia municipal unha regulación pormenorizada e axustada á legalidade vixente fixará as normas urbanísticas do noso concello. Estamos a falar sen dúbidas da resolución administrativa máis importante que afectou a Camariñas en toda a súa historia, cáseque dende o mesmo momento en que se creou o concello. Día grande tamén, de éxito pleno e indiscutible, en canto premio á tenacidade e ao tesón, para aquel home...

Novo Secretario no PP de Camariñas

Os cambios parecen abrirse paso pouco a pouco no PP camariñán, Ante a insólita situación de rebeldía activa, de desacato ás ordes superiores, de ataque público aberto ás directrices do partido perpetrado polo seu antigo Secretario Xeral, a situación de división no seo desta formación política podería haber entrado nunha vía de solución que poñería fin a situación de colapso agónico que vive dende que Camarinas.eu destapaba nunha bomba informativa chamada a pervivir durante anos na axenda política camariñana o repudio case unánime dos militantes cara o seu secretario xeral. Segundo puido coñecer Camarinas.eu en exclusiva de fontes directas do...