Carta Aberta de Moncho de Dios a Núñez Feijoó pola Autovía da Costa da Morte

No mesmo día que a Asociación Neria, expoliada por unha Diputación Provincial que prefire adxudicar contratos a empresas okupas amigas, solicita públicamente ao Presidente da Xunta unha entrevista para aclarar o estado real da situación da autovía da Costa da Morte, Camarinas.eu precede a publicar unha carta aberta a Núñez Feijoó escrita por un dos afiliados que máis decisivamente contribuiron a edificar o Partido Popular nesta franxa atlántica. Ramón Dios Carril, militante histórico do PP de Camariñas, colaborador habitual de Camarinas.eu, persoalidade independente e insobornable, diríxese en persoa, ca súa firma por diante, ao presidente autonómico para esixirlle unha solución...

Inauguración de Pesca de Rías

Esta pasada semana tiña lugar en Camariñas un evento desos que permiten coñecer o estado actual da situación política dun lugar nun determinado momento. Tratábase da presentación en sociedade do derradeiro proxecto empresarial de Industrias Cerdeimar, "Pesca de Rías", idea cofinanciada polo Grupo de Acción Costeira 3 e que contou ca presencia da Conselleira de Mar, Rosa Quintana. Foi por elo que puidemos comprobar como o Presidente local do seu partido recuperou presencia na estela olvidadiza do serio quebranto causado á imaxe do PP en Camariñas polas súas andanzas náuticas e afanábase servicial tras a Conselleira, feliz e sonreínte, unha...

O Concello de Camariñas paga a 30 días

Dende hai uns meses, os numerosos proveedores de bens e servizos de Camariñas cos que contrata habitualmente o Concello experimentaron o que non deixaba de ser unha agradable sospresa: a Tesourería municipal pagaba cada vez con maior rapidez as súas facturas. Habituados con anterioridade a esperar por veces ata varios meses para ver satisfeitos os seus créditos contra o Concello, agora vían como cada vez esa espera era máis corta ata situarse ésta dentro dos 30 días marcados pola Lei de Contratos para o pago por parte das administracións públicas das facturas e demáis documentos de cobro que entren polo...

Avalancha xudicial favorable o Concello

Non pode haber mellor exemplo prototípico de actuación canallesca, ruin, noxenta e sen embargo inútil que o que se recolle no film de John Ford "El Delator" ("The Informer", 1935). Producción atípica dentro da obra fordiana, ambientada lonxe do Monument Valley de Utah no que soían descurrir as súas grandes obras maestras do western ou daquelas outras películas de temática máis lixeira e de constantes tintes humorísticos e familiares, describe como Gypo Nolan, un antigo combatente expulsado do IRA polos seus problemas ca bebida, entrega a un antigo amigo e compañeiro de armas ás autoridades británicas a cambio dunha recompensa...

Rematan as charlas do PXOM

Este pasado domingo 10 de marzo de 2013 rematou ca celebrada en Xaviña a xeira de charlas mantidas por Pichurri para explicar o recentemente aprobado PXOM. E remataba cunha importante afluencia de veciños ás mesmas, cun tono optimista e satisfactorio entre a cidadanía, sen que se producisen altercados, encerronas, reventamentos nin escándalos e, o máis indicativo, sen que asomasen os fuciños nin por unha soa das reunións mantidas ningún dos dos cráneos navieros do PP camariñán.  O cal, como non podía ser menos, leva a unha serie de conclusións na mente atribulada de Camarinas.eu....