Inauguración oficial do Tanatorio Municipal "Hnas. Fernández Espín"

O Tanatorio Municipal de Camariñas segue a dar pasos firmes para ser unha realidade. O primeiro deles foi a decisión do concello de interpoñer esta mesma semana unha demanda civil contra a veciña denunciante, anticipo xurídico de medidas xudiciais de moito maior calado a posteriori. O segundo a súa inauguración oficial, por todo o alto, este vindeiro sábado ás 12:00 horas. Tal e así que en principio ata vanse enviar invitacións ao acto ao principal financiador do mesmo: o Presidente da Deputación e aniquilador de persoal de confianza Diego Calvo. Así pois, tras un longo periplo que se iniciaba alá...

¿Derradeiro Pleno do Grupo Popular?

Consecuencia natural do curso dos acontecementos, a experiencia do autobús psicodélico co seu corolario de indispensable zume de laranxa co tempo dou lugar a proxectos de maior envergadura e así surxiron as chamadas "Probas do Ácido" (Acid Tests). A que estaba chamada a pasar á historia tiña lugar, cun Kesey xa fuxido en México por mor dos seus reiterados problemas ca Xustiza, un 12 de febreiro de 1966 en Watts (Los Angeles). Nun barrio que fora devastado un ano antes polos terribles motíns da poboación negra, ata 600 drogotas chegados de todo o Estado, colocados como cochinos, déronse cita nun...

Editorial: Daniel Rego Fin da Viaxe

Conta o gran dandy da literatura norteamericana Tom Wolfe na súa obra "Ponche de Ácido Lisérgico" que cando Ken Kesey e os seus discípulos Los Alegres Bromistas ("The Merry Pranksters")  se embarcaron a lomos dun autobús escolar de 1939 debidamente acondicionado a percorrer os Estados Unidos nunha viaxe psicodélica, tiñan a bordo unha nevera na que sempre estaba puntualmente preparada unha botella de zume de laranxa. Éste estaba mezclado con diversos ácidos e así as visitas á nevera por parte dos viaxeiros eran constantes para degustar uns cantos grolos do zume máxico. Ao pouco de iniciada a viaxe, á altura...

Carta Aberta contra Diego Calvo

Foi na Ponte do Porto onde os principais dirixentes do PP camariñán durante a época máis convulsa da súa historia cavaron a súa tumba cunha velada de boxeo pizzero diante do mesmísimo Diego Calvo, e precisamente dende a Ponte do Porto Ramón Dios Carril, histórico militante porteño, escribe unha dura carta aberta contra o Presidente da Deputación Provincial, o home que asou vuelta y vuelta a Daniel Rego e o enviou como un cohete ao paro. Despois do descabezamento da cúpula popular en Camariñas acometida de xeito fulminante e brutal pola Dirección Provincial o sector oficial do seu partido no...

Boxeo Popular na Pizzería Porteña

Sería o encontronazo definitivo e demoledor entre dous célebres persoaxes literarios extraídos do maxín creador de Camarinas.eu: o polémico e malvado asaltador de negocios particulares, os peliños enchoupados máis famosos da Costa da Morte, e a súa antiga man dereita, o tan noxento e repelente hipopótamo obeso da Carretera do Faro. Un combate final que por inevitable (como tantas e tantas veces anticipou esta redacción) non deixou de ser menos sorprendente e que tivo como escenario esperpéntico e indicativo as catacumbas dunha pizzería porteña. Os antigos líderes do Partido Popular, desesperados e finiquitados, acabaron por convertir en costume resolver as...