Exclusiva: A Xunta autoriza o Tanatorio Municipal de Camariñas

Finito. A polémica máis absurda e artificial da última década en Camariñas chegaba ao seu inapelable final este mércores 12 de febreiro de 2014 cando a Xunta de Galicia concedía a autorizacion sanitaria para o funcionamento do Tanatorio Municipal de Camariñas. A encargada de rubricar este histórico documento que elimina a derradeira traba burocrática para o normal desenrolo do servizo máis longamente demandado polos veciños de Camariñas era a Xefa Territorial da Consellería de Sanidade na Coruña que "á vista do informe favorable emitido polo persoal técnico do Servizo de Control de Riscos Ambientais e logo de realizar a preceptiva...

Fitur: Feijoó desprecia á Costa da Morte

Tan só tres días despois de que falecera en Dor Dona Josefina Rodríguez Cibrán, a Matriarca das puntilleiras de Camariñas, o Encaixe de Bolillos sufría un menosprecio e humillación díficil de entender e duro de superar. O mesmísimo Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó perpetraba na Feira Internacional de Turismo (FITUR) unha ultraxe a Camariñas, ao seu encaixe e por extensión a toda a Costa da Morte que será difícil de olvidar por estes lares. Segundo conta a edición de hoxe de La Voz de Galicia en Carballo e que puido corroborar Camarinas.eu en conversa co alcalde camariñán...

Texto Completo do Humillante Auto Xudicial do Tanatorio

Poucas veces se verá un texto xudicial máis humillante, demoledor e vergonzoso para unha demandante, o seu avogado e a xauría de ultradereitistas rabiosos que os xaleaban de forma fanática. Todo o alboroto provocado artificialmente por uns poucos a conta do Tanatorio Municipal Irmáns Fernández Espín chegou ao seu inapelable punto e final cun auto demoledor e contundente. Un ano de radicais exabruptos exaltados arribaba ao seu lamentable término cun texto xudicial que non deixa lugar a dúbidas e arruina algunha que outra reputación profesional e non falamos do maxistrado do peito palomo, porque ese, a verdade xa nunca a...

Falange presentará candidatura nas Municipais 2015

A bomba política deste xa cáseque fenecido 2013 saltaba esta mesma semana cando Camarinas.eu accedía en exclusiva a unha información subministrada por un ex-alto cargo da Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, xefe territorial en Galicia que foi da Falanxe Española nos anos 90. O caso é que éste, militante do PP ata o momento no que foi lamentablemente defenestrado do seu cargo por aquelo dun informe xurídico non demasiado acertado, confirmaba a Camarinas.eu que Falange Española Tradicionalista de las JONS podería volver ao Salón de Plenos no que gobernou de xeito absoluto durante 39 anos (1936-1975)...

Debacle da Cooperativa Funeraria frente ao Concello polo tanatorio

Por segunda vez na mesma semana, o Concello de Camariñas volvío a descalabrar as acometidas furiosas, destrutoras, cas que foi machacado por terra, mar e aire  e allanou xa de xeito prácticamente definitivo o camiño para a existencia do Tanatorio Municipal. Tantas palabras, tantas polémicas, tantas noticias enaxenadas, furibundas, babeantes de odio e desesperación, para esto. Tanto para nada. Desta volta, os que vían demolidas as súas pretensións obstruccionistas, saboteadoras dun proxecto refrendado pola cidadanía en elección democrática (Municipais de Maio de 2011) foi a Directiva da Cooperativa Funeraria de Camariñas, que ademáis de perder o caso en apelación sen...