Consello da Xunta de Galicia celebrado en Muxia

Camarinas.eu, presente nun Consello da Xunta histórico camarinas.eu entregándolle ó Presidente Emilio Pérez Touriño a solicitude dunha entrevista Na mañá do xoves 15 de decembro de 2007 produceuse un acontecemento histórico de gran relevancia: o primeiro Consello da Xunta de Galicia celebrado fora de Santiago de Compostela. O lugar elexido, Muxía. O único medio exclusivamente da Costa da Morte que estivo co goberno en pleno da Xunta de Galicia, interesándose persoalmente polos proxectos do goberno autonómico que contribuirán ao desenrolo integral desta franxa atlántica, foi o diario dixital máis leído da Costa da Morte: camarinas.eu. ...

camarinas.eu visita o Parlamento de Galicia

Os agasallos institucionais de Nadal deste ano do Parlamento Galego serán Encaixe de Camariñas. Encaixe de Camariñas representará ao parlamento Outra noticia en exclusiva de camarinas.eu, a web máis vista da Costa da Morte, a cal foi invitada polo Grupo Socialista do Parlamento de Galicia á sesión plenaria que se desarrollou este martes 13 de novembro na casa do Hórreo, en Santiago de Compostela, e posteriormente a unha reunión ca Xefa de Gabinete da Presidencia do Parlamento de Galicia, Yolanda Aguiar na que se acordou que os agasallos de carácter institucional que realice este nadal de 2007 a depositaria...

Con motivo do quinto aniversario da catastrofe do Prestige

O Goberno da Xunta de Galicia, con todos os seus Conselleiros e encabezado polo seu Presidente, desprazarase o próximo xoves 15 de novembro a Muxía para celebrar o seu consello semanal, con motivo de recorda-lo  5º aniversario do naufraxio do Prestige e, en palabras do Presidente da Xunta Emilio Pérez Touriño, constituir "un xesto de compromiso de futuro coa Costa da Morte." ...

Visita da Vicepresidenta do Goberno a Camarinas

As fotos exclusivas da visita da Vicepresidenta do Goberno a Camariñas. A Vicepresidenta do Goberno subindo as escaleiras que conducen á cúpula do Faro Camarinas.eu ten o privilexio de ofrecer aos nosos usuarios rexistrados as únicas fotos existentes da visita que a Vicepresidenta 1ª do Goberno de España Mª Teresa Fernández de la Vega (tamén coñecida como De la Vogue), fixo a Camariñas en decembro de 2006 e que foron tomadas en exclusiva polo avispado fotógrafo de camarinas.eu, Diego Alonso Freire. Trátase da visita que, fora de protocolo, fixo Fernández de la Vega ao faro Vilán acompañada de distintos persoeiros...

Felix Porto coa foto de camarinas.eu no seu despacho

Félix Porto ten o regalo que lle fixo camarinas.eu no seu despacho: o despacho do Alcalde de Muxía. Imaxe de Félix Porto tomada por Ubaldo Cerqueiro Os nosos amigos da web quepasanacosta.com, web irmán de camarinas.eu, fixeron fai uns días unha entrevista ao Alcalde de Muxía Félix Porto e nela poidemos ver unha foto na que se demostra o que nos dixera o noso amigo Félix nunha ocasión: "Teño a foto que me regalástedes no meu despacho do Concello de Muxía". Nós nunca o dubidamos, pero unha imaxe vale máis que mil palabras. ¡Gracias polo teu apoio incondicional Félix! Entrevista...