Eleccions Xerais 2008 en Camarinas - Unhas eleccións calcadas respecto ás anteriores xerais

Este domingo 9 de marzo celebráronse en Camariñas as eleccións xerais ao Parlamento e ao Senado transcurrindo estas coa máxima normalidade. Se ben foron case idénticos, os resultados finais destas eleccións xerais no noso concello traen unhas conclusións ben marcadas con respecto ás anteriores: o PSOE perde case cen votos, o PP mantén íntegra a súa base de votantes e o BNG sube un puñado de votos. En España nuns comicios marcados pola intromisión dos asesinos, a cousa cambiou ben respecto ás anteriores eleccións e foi o PP o único partido dos principais que subío en votos ainda que o gañador indiscutible...

Camelle, sempre no corazon de Don Manuel Fraga

Fraga visita Camariñas e Camelle Don Manuel nunca poderá olvidar a súa querida Camelle Camariñas comeza este mes de marzo cunha visita do Ex-presidente da Xunta de Galicia Don Manuel Fraga Iribarne. Hoxe sobre as 13:30 chegaba o veterano político nun todoterreno, un Volkswagen Toureg negro, á sede do PP de Camariñas na Avenida da Coruña. De alí marcharon para Camelle onde, no seu querido restaurante "Rotterdam" tivo lugar unha comida homenaxe ao ex-presidente. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver uns videos do acto. ...

Mitin do Presidente Tourino en Camarinas - Pichurri pídelle a Touriño unha nova carretera ata o Faro Vilán

Moitas expectativas prantexábanse ante o mitin que dou o Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño no Pavillón Municipal de Camariñas. E é que a Vila dos Encaixes e sen dúbidas o principal bastión do PSOE na Costa da Morte. Máis de 25 anos de victorias ininterrumpidas corroboran este feito, e así ante un público entregado en todo momento, un auténtico exército de votantes, o Presidente da Xunta fixo algunhas importantes promesas. ...

Eleccións Xerais 2008 en Camariñas - O polideportivo acollerá este xoves un mitin do Presidente Touriño

Segundo puido confirmar camarinas.eu da man de destacados dirixentes autonómicos do PSdeG-PSOE, este xoves 7 de febreiro o Polideportivo municipal de Camariñas acollerá as 20:00 un importante mitin no que participarán entre outros o candidato socialista pola Costa da Morte ao Congreso dos Diputados José Luis Acción Porto, o Presidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño, ademáis obviamente do Alcalde camariñán Manuel V. Alonso de León "Pichurri". Aínda que nun primer momento estaba prevista a súa asistencia, non estará presente por problemas de axenda o Ministro de Cultura César Antonio Molina. O mitin, que será organizado pola Agrupación Local...

Primeiro pleno ordinario do ano 2008, O Concello aproba os prezos públicos da Mostra do Encaixe

Este venres 25 de xaneiro as 20:00 n Casa do Concello tivo lugar un pleno bastante relaxado, o cal viña marcado pola ausencia do Alcalde Pichurri que ata o mércores 30 de Xaneiro non voltará da súa viaxe pola Arxentina xunto a Félix Porto, Alcalde de Muxía. Así, o punto máis interesante dos incluidos na orde do día era a aprobación dos prezos públicos que rexirán na XVIII Mostra do Encaixe que como é habitual se celebrará en Semana Santa no pobo de Camariñas. Pulsa na foto para ler a noticia completa. ...