Marisol Soneira recibe a homenaxe do Club Nautico de Camarinas

Se a semana pasada o Club Náutico de Camariñas celebraba unha cena homenaxe en honor ás paxinas webs de Camariñas, por certo, noticia que non foi cuberta por ningún medio de comunicación escrito, radiofónico ou cibernético a excepción obviamente das dúas webs citadas, nesta ocasión a cena homenaxe si que estaba ben cuberta e é que a ocasión non era para menos: o C.N.C. homenaxeaba á deputada autonómica Marisol Soneira, amiga e usuaria de camarinas.eu, e ao avogado muxián Manuel Martín, Presidente do Club Náutico da Vila da Barca. ...

Festa da agrupacion socialista de camarinas na Praia do Arino

O PSOE celebra a súa festa anual na praia do Ariño O escenario dende o que se impartiron os discursos dos socialistas camariñáns Este sábado 12 de xuño, tal e como ven sendo habitual nestes últimos anos, a Agrupación do PSOE de Camariñas celebrou a súa festa anual no merendeiro da praia do Ariño en Xaviña, se ben hai que sinalar que a edición de este ano ven marcada pola escasa afluencia de simpatizantes e militantes, sobre todo se a comparamos co encontro que tivo lugar en xullo do ano pasado e que tivo como visitante de excepción ao Presidente...

Pichurri marcha ás Antípodas

¡El Patrón abandona la nave! Pichurri: ¿o camariñán que máis lonxe chegou? Temporalmente. Que non cunda o pánico. En efecto, o Alcalde de Camariñas Manuel V. Alonso de León, Pichurri, abandona o timón de mando municipal durante 10 días con motivo dunha viaxe que o levará a Thailandia e Australia, o máis lonxe que é posible respecto a España. Para poñer coto a algunhas tonterías e chorradas que se están decindo e escribindo por ahí, hai que sinalar que esta viaxe é sufragada pola empresa aseguradora Mapfre, a cal invita a un percorrido de lecer a preto de 2.000 dos...

Pleno ordinario: Axudas a natalidade

¡¡Os redactores queren ter un fillo xa!! O pleno ordinario deste venres tivo como punto estrela as axudas á natalidade Celebrouse onte venres 28 de Marzo o segundo pleno ordinario do 2008 o cal transcorreu de forma pacífica e tranquila e que tiña entre os puntos do día unha modificación de crédito e a aprobación da liquidación do orzamento do 2007 así como a inclusión do Alcalde de Camariñas dentro do consello de administración da Fundación Caixa Galicia. Pero o tema estrela do día que máis impactou ao director de camarinas.eu foron as axudas á natalidade. Pulsa na foto para...

Concentracion silenciosa na Casa do Concello de Camarinas

O Concello para cinco minutos por Isaías Carrasco Os traballadores e políticos do Concello de Camariñas na concentración silenciosa As 12 da mañá deste luns 10 de marzo de 2008 os traballadores, concelleiros e membros da oposición do Concello de Camariñas concentráronse durante cinco minutos ás portas da Casa Consistorial como mostra de repulsa polo asesinato de Isaías Carrasco, ex-concelleiro do municipio guipuzcoano de Mondragón, por parte dos nacionalistas radicais de ETA. A Federación Española de Municipios e Provincias (F.E.M.P.) convocou a tódolos axuntamentos de España a esta  concentración pacífica e silenciosa de cinco minutos onde se puido comprobar a unidade dos partidos políticos...