3.9047619047619 1 1 1 1 1 Rating 3.90 (42 Votes)

Visita do Conselleiro de Medio Ambiente a Camariñas

 

O Conselleiro de Medio Ambiente e o Alcalde de Camariñas nunha pose realmente cómica
O Conselleiro de Medio Ambiente e o Alcalde de Camariñas nunha pose realmente cómica

 

Sobre as 13 horas desta mañán do venres 5 de decembro dirixíase o director de camarinas.eu a tomar un par de chiquitos e aperitivos ao Bar Victoria cando na entrada deste local xa divisou varias formas extrañas e non habituales neste coñecido bar camariñán. Esas formas esveltas (bueno, non todas), altas e ben peinadas lucían unha indumentaria pouco propia da nosa vila nun día de chiquiteo normal no que estamos afeitos a ver xente mariñeira coa súa roupa de aguas, albañiles que toman unha cervexa despois dun duro día de traballo...en fin, xente humilde do pobo, pero hoxe era un día distinto no que pululaban por este local moitas corbatas caras, traxes de primeira línea e chaquetóns de alta alcurnia. Pulsa na foto para ler a noticia completa da visita que o Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostenible (¿?)  Manuel Vázquez fixo a Camariñas este venres.

Visita do Conselleiro de Medio Ambiente a Camariñas

Pois si queridos amigos, hoxe estaba o Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia en Camariñas para observar as obras do noso novo Paseo Marítimo, planificar o saneamento da praia e, de paso, meter a primeira pedra da que será a nova Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) da Ponte do Porto. Esta depuradora estará ubicada na zona de Dor, entre a Ponte do Porto e Xaviña e recollerá as augas residuais de estes nucleos poboacionais ademáis de outros xa que ten capacidade para reciclar as cañerías dunha poboación de 5000 habitantes. Este proxecto ten un presuposto de máis de 7.000.000 de euros e é unha das obras máis importantes da historia recente do Concello de Camariñas según o xornal La Voz de Galicia, porque nos, o que é saber, non sabíamos nada.

Debe de ser un incordio esta páxina de camarinas.eu para que exista este total oscurantismo desde todos os signos políticos porque, nin uns nin outros nos din nada.. É como si non existíramos! Pois debemos de ser un incordio por ser libres, si, como  debe de ser un incordio os 1500 usuarios rexistrados de camarinas.eu e as máis de 2300 visitas diarias que recibe esta web. Da gusto ver o apoio que temos por parte dos políticos. Bueno, eles sabrán o que fan pero polo menos tende un pequeno respeto (ou facede como si o tuverades) pola xente que vos paga o voso cremoso sueldo. e que visita esta web para informarse da realidade do que pasa en Camariñas. En fin,  o que si está claro é que si para caer ben a uns ou a outros hai que chupar algún que outro cuiño tende claro que camarinas.eu nunca o fará. Esta é a web do pobo, da xente humilde como esa xente traballadora que vai a tomar un chiquito ao Bar Victoria calqueira día da semana e por eso camarinas.eu entende que os seus máis de 1500 usuarios (non son datos inventados) merecen polo menos o máis mínimo respeto de ser avisados na pagina máis vista da Costa da Morte de cando estes tan altos jerifaltes van vir ao noso pueblo (carpa e comellada incluida, claro!).

Galería fotográfica da visita do Conselleiro de Medio Ambiente a Camariñas

{multithumbs}
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image
Image Image Image


Comentarios   

toxo
-1 # toxo 05/12/2008 20:24
ayyy cans !!!
si traballaran polo pobo !!!
veñen mirar o que non fiseron.
Denunciar ante o administrador
mantida
-1 # mantida 06/12/2008 16:33
Non sei porque será, pero non vos enterades de nada, pero a carpa en dor xa a vin eu hay uns días pero non sabía pa que era, pos era pa esto hombres, despertade.Todo que se faja en benefisio de este pueblo bienvenido sea.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.