- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 15 Outubro 2008 15 Outubro 2008
¿Cal é o político máis valorado da historia do concello?

Como as caras dos Presidentes dos USA no monte Rushmore: os rostros clave da historia política camariñana
Nestes últimos meses todos os lectores e usuarios de camarinas.eu pudéstedes votar nunha enquisa sen precedentes neste concello. Esta tiña como misión suicida a de determinar mediante unha votación no medio de comunicación autóctono máis leído da historia desta franxa atlántica cal era o político máis importante en toda a historia do municipio de Camariñas desde que fora reinstaurada a democracia nos concellos de España alá por 1979, data de celebración das primeiras eleccións municipais. Cun total de máis de 6.000 votos acadados en pouco máis de mes e medio (outro récord para á nosa buchaca) puidemos determinar cal é o político máis querido polo noble pueblo camariñán, polo menos polo que asoma os seus fuciños por esta web. Pulsa na montaxe dos "Seis Grandes" para saber quen é o Rey da Política camariñana.
O político máis importante é: ¡¡Alonso!!

Os cidadáns do Concello dictaron sentencia
Como director de camarinas.eu asumín, a petición dalgúns dos nosos máis de 1.300 usuarios rexistrados (os auténticos donos da web), o compromiso de levar a cabo unha enquisa de tal importancia histórica porque só unha páxina como camarinas.eu con máis de 1.200 visitas diarias contadas polo prestixioso e fiable medidor Google Analytics podía ofrecer un resultado acorde ca realidade a través dun número inxente de votos, como foi o que finalmente pasou. Outros tamén o intentan e fan enquisas e todo, pero como podedes observar o resultado é destartalamiento puro.
Os resultados decántanse polo gran outsider da política camariñana, o número dous que dende as sombras axudou a dirixir con pulso firme a nave do PSOE camariñán durante tantos anos, o home que ía por libre: Antonio Jesús Alonso Ballester. En segundo lugar atopamos ao número un do socialismo neste Concello durante 24 anos, seis mandatos consecutivos, o xaviñán Bautista Santos Ramos con 1366 votos, exactamente 500 menos que o seu compañeiro de armas, o Teniente de Alcalde Alonso, mentras que o tercer posto no podio e para o actual líder do centro-dereita camariñán: o noso querido amigo Daniel Rego, que tal vez benefíciase de ser o único membro actual do PP presente nesta enquisa histórica. Destaca asemesmo o número de votos acadado por unha vieja leyenda da política local, Ruperto Mosquera, o home que practicamente en solitario conseguío cun partido independiente de cuyo nombre xa non se acorda nadie un acta de concelleiro. Sorprendentemente, os dous últimos postos na lista son para Pichurri e para a nosa querida usuaria Marisol Soneira Tajes, pero trátase tan solo deso, dunha enquisa e será o tempo o encargado de determinar si os camariñáns votantes foron xustos ou inxustos co resultado desta votación, sobre todo cando aínda non pasaron nin dous anos das últimas eleccións municipais que lle deron a victoria a Pichurri. En fin, o tempo dará ou quitará razóns, pero vos xa podedes opinar nesta noticia: ¿fui xusta a sentencia dictada polo noble pueblo de Camariñas?
Comentarios
GRAN PERSONA DE VERDAD!!!!!
Y GRAN COMEDOR DE MOLLEJAS!!!!
O Axuntamento e sobre todo o pobo de Camariñas ten unha deuda muy grande con Alonso,espero que más pronto que tarde podamos entre todos darlle un homenaxe que ten más que merecido.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.