- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 11 Setembro 2008 11 Setembro 2008
Sandra Insua Rial rexeita o nomeamento como Socia de Honor do Club Náutico

Sandra Insua Rial xunto ao seu esposo o día da Cena Homenaxe que lle brindou o CNC
Xa sabíamos que a votación negativa para nombrar a Marisol Soneira Tajes como socia de honor por parte dos socios do Club Náutico de Camariñas no curso da Asamblea Xeral da entidade ía a traer consecuencias. A primeira delas foi que Sandra Ínsua Rial, Tenente de Alcalde do Concello de Camariñas e Concelleira de Cultura e Deportes, rexeitou este nomeamento "despois de meditalo ben" e de facelo "en compañía dun sabio amigo". Coñece as razóns que impulsaron á Sandra Insua Rial a dar este decisivo e controvertido paso mediante a lectura da nota de prensa enviada a camarinas.eu na mañán deste xoves 11 de setembro de 2008.
Carta de Sandra Insua Rial remitida a camarinas.eu
Ponte do Porto, 11 de Septiembre do 2008
Estimada directiva do Clube Náutico de Camariñas:
Despois do acontecido os últimos dias, e tras a conversa mantida cun “sabio e gran amigo”, quero comunicarvos que agradezo enormemente o xesto que tivestedes ao nomearme socia de honra do clube. Sei que os Estatutos desa honrosa entidade din que son os socios quen deben elexir se se fai ou non socio/a de honra a unha persoa. A verdade é que a través de internet, entereime como os socios rexeitaban a Dna Marisol Soneira como socia de honra, acto que lamentei moitísimo pois se alguén o tiña que levar era ela e co voto unánime de tódolos socios. Polas páxinas tamén me enterei que si en cambio nolo concederan a Manuel Martin e a min.
Pero este sabio e gran amigo fixome reflexionar. O resultado foi o seguinte (18 votos a favor, 11 en contra e 7 abstencións) polo tanto entre os socios non quedaba moi claro se a sociedade quere ou non facerme socia de honra. Como considero que un título asi debe ser dado case que con unanimidade.
Agradezo enormemente a vosa intención, pero rexeito que se me conceda dito galardón. Seguirei traballando coma sempre con vós, como o farei por todo o Concello de Camariñas, por tódolos clubes deportivos e polo deporte e a cultura xeral de Camariñas.
Quero aproveitar a ocasión para resaltar o gran traballo que fixo o seu presidente D. Xose Luis Blanco Campaña. Agradecerlle a boa sintonía que nestes cinco anos que levo de Concelleira tivemos ao traballar conxuntamente pola vela neste Concello, gracias polo bonito xesto que tivo coa miña persoa e co meu traballo, sei que o mellor cometiu algún erro pero o que honra a unha persoa son as súas intencións.
Grazas por todo, un saudo
Sandra Insua Rial

Xosé L. Blanco entregalle a Marisol Soneira un merecido diploma pola súa colaboración
Comentarios
A José de Marta, dicirlle que non se trata de que a Sandra e a Marisol lle interese ou non ser homenaxeadas. Trátase de que nós, os camariñáns, seamos mellores cos nosos, cos da casa, e fagamos como fan en todo o mundo.
E a Viceversa, dicirlle que procure informarse algo, ainda que sexa un pouquiño. ¿Cómo se atreve a afirmar que o Náutico de Camariñas está subvencionado polo Estado? ¡Qué toleria! Do demais que afirma, mellor deixalo. Xa se sabe que o falar non ten cancelas e algúns, como dicimos en Camariñas, falan por non estar calados.
Sexamos mais positivos, por favor.
O que falas de hay que apollar o da casa , eso e precisamente o que vos non facedes , por quen de sobra sabedes que pa vos non vale calquera, incluiso vos quixestedes facer donos da rampla que fixo puertos pa os mariñeiros, hasta que vos puxeron as cousas claras non deixavades pasar a nadie por ela, ahora queredes coller un cacho de explanada pa vosos carritos e yatitos e os barcos dos mariñeiros teñen que ir hasta a depuradora de mariscos, en mas de mil ocasións negastesdelles agua pa limpiar lanchas dos mariscadores, e corriente pa enchufar un taladro,( e eso non se nega a nadie) molestavos si vai un mariñerio a o bar con botas, diante de min negastesdelle a entrada a xente de camariñas, negastedes o pantalón a lanchas que querian abrigarse nos temporales, e como esto si me fas falar cuatrenta mil cousas mas,.e eso e o que apoyades a xente do pueblo..perdona que me ria..jajajajajajajajaajajajaajajajauj.
En canto a do subvención eu non afirmo sinon que pregunto, lee ben, pero de todas formas non creo que semejante inversion que esta feita encima do muelle a pagarades bos de voso bolsillo.
Perdona si che ofendin , non e miña intencion , pero pa cambiar miña opinión sobre a xestion do nautico teriamos que sentarnos nunha mesa, e convencerme con argumentos que seguramnente ti non tes.
Un saludo , e porfavor deixade que a xente esprese suas opinions sin contradecilos en todo, esto e unha paxina libre , o que lle pareza mal as opinions encontradas tamen esta redtube.com, sin ninguna clase de encontronazos nin cabreos.
e si non votaron por M.Soneira tamen sera por algo
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.