- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 03 Abril 2008 03 Abril 2008
¡El Patrón abandona la nave!

Pichurri: ¿o camariñán que máis lonxe chegou?
Temporalmente. Que non cunda o pánico. En efecto, o Alcalde de
Camariñas Manuel V. Alonso de León, Pichurri, abandona o timón de mando
municipal durante 10 días con motivo dunha viaxe que o levará a
Thailandia e Australia, o máis lonxe que é posible respecto a España.
Para poñer coto a algunhas tonterías e chorradas que se están decindo e
escribindo por ahí, hai que sinalar que esta viaxe é sufragada pola
empresa aseguradora Mapfre, a cal invita a un percorrido de lecer a preto de
2.000 dos seus mellores axentes e delegados fletando para elo ata catro avións que
os levarán a ambos países. Así debe sinalarse que xa antes de ser
Alcalde, Pichurri coñeceu as terras thailandesas con motivo doutra viaxe
semellante a esta e tamén sufragada pola aseguradora. En todo caso, nós
xa lle pedimos que nos traia unhas fotiños que poder publicar, aínda
que sexa tocando unha tuba desas australianas cun negriño aborixen ao
seu lado. Seguramente ese negriño terá un bo corazón australiano.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.