- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 29 Marzo 2008 29 Marzo 2008
¡¡Os redactores queren ter un fillo xa!!

Celebrouse onte venres 28 de Marzo o segundo pleno ordinario do 2008 o cal transcorreu de forma pacífica e tranquila e que tiña entre os puntos do día unha modificación de crédito e a aprobación da liquidación do orzamento do 2007 así como a inclusión do Alcalde de Camariñas dentro do consello de administración da Fundación Caixa Galicia. Pero o tema estrela do día que máis impactou ao director de camarinas.eu foron as axudas á natalidade.
Pulsa na foto para ler a noticia completa.
O máis interesante aconteceu no turno de preguntas, onde o grupo da
oposición preguntou si se recibira contestación da Consellería de Pesca
á petición unánime formulada polo concello tralo pleno extraordinario
de decembro de 2007 (a cal lamentablemente foi negativa e a consellería
non respostou) e en segundo lugar preguntou acerca das axudas á
natalidade que estaban previstas no orzamento do 2008. Aquí a
contestación foi positiva, e así todo o rapaz nacido ou adoptado ao
longo de 2008 traerá non un pan baixo o brazo, se non 1.200 euros, que se
repartirán en catro anos á razón 300 euros anuais como medida para
luchar contra o despoboamento do concello e fomentar a natalidade.
Dende este momento os redactores están á busca de raparigas ben
cremosas dispostas a procrear unha fecunda proxenie para así achegar
uns cartiños que financien camarinas.eu. Que todo sea polo ben da
páxina.
En fin, un pleno tranquilo que foi coroado por esta redacción,
como é habitual os venres, con unha cea no mellor restaurante da Costa
da Morte: Restaurante Puerto Arnela (o cal ten pendente unha
reportaxe). Alí, cunha persoa sagrada para esta redacción, Soto, tuvemos
a nosa tertulia habitual e falamos acerca do noso usuario básico ben
coñecido por él, Juan Camariñan. O cal foi insultado, perseguido e
machacado inxustamente e sen xeito no Libro de visitas, cousa que evidentemente non volverá a
pasar, porque esas épocas xa se acabaron para sempre. En fin, quedando á espera
desas raparigas ben cremosas, seguiremos informando.
Comentarios
todas as inisiativas que quite o cincello paresenme estupendas, e cantas más quite millor
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.