- Escrito por Víctor Fernández Álves Víctor Fernández Álves
- Categoría: Politica Politica
- Created: 26 Xaneiro 2021 26 Xaneiro 2021
A finais do mes de Decembro a deputación da Coruña aprobou os presupostos do Plan Único para o 2021. Cada concello recibirá unha partida presupostaría que depende do seu número total de habitantes e a súa extensión territorial. Deste xeito Corcubión recibe neste 2021 un total de 200.000 euros e Carballo 1´8 millóns, como exemplos da Costa da Morte. No caso de Camariñas o total ascende a 406.800.
O plan Único xorde no ano 2017 coa intención de distribuír fondos dende as deputacións aos Concellos de unha forma máis directa e permitir a estes empregalos naquilo que máis o precisen. Un modo que favorece a actuación local, máis consciente das necesidades e problemas da súa cidadanía e de como solucionalos.
Debido as circunstancias derivadas da COVID19 existirá un Plan Único Adicional, unha partida especial a maiores, destinada a cubrir axudas económicas a sectores sensiblemente afectados pola pandemia e axudas de asistencia ao fogar.
Así, este venres 27 de Xaneiro terá lugar unha reunión do Concello de Camariñas para a proposta e aprobación dos presupostos relativos a este Plan Único 2021 cuxa fecha límite de tramitación está fixada no día 5.
As partillas propostas dende o goberno son: un total de 100.000 euros, relativos a ese plan adicional, destinados a ampliar e reforzar o Servizo de Axuda no Fogar (SAF) municipal. 268.638 euros para o pago de provedores e38.968 reducir a débeda coas entidades bancarias.
Plan complementario
Por outra banda, tamén se leva pleno este venres 27 a aprobación do Plan Complementario 2021 cun presuposto de 289.081 euros que se destinará a realización de tres obras en vilas do Concello: mellora e acondicionamento das rúas Rozas e Rucheira de Arou, reparación do pavimento na rúa Virxe do Monte en Camariñas e reorganización do espazo público e creación do parque infantil en Xaviña.
Outros asuntos
Por último, presentarase a concesión de unha subvención ao Club Balonmán de Camariñas por un total de 5.000 euros ademais de un recoñecemento extraxudicial de crédito de 444.444 euros para o pago de facturas pendentes a provedores.