5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Este pasado 13 de xuño de 2019 a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, e varios membros da actual corporación e do futuro goberno do municipio, mantiveron unha reunión co xefe da Demarcación de Costas da Coruña, Rafael Eimil, para coñecer o estado dos proxectos que ten o Estado para Camariñas.

Insua calificou o encontro como “moi cordial e proveitoso” xa que Eimil comprometeuse a levar a cabo a reparación do palco da praia de Camelle, a apoiar ante o goberno estatal a reactivación do Paseo Marítimo de Área da Vila (valorado no seu momento en 1.200.000 euros) e a volver a por enriba da mesa o proxecto do Paseo da Xunqueira.

Ademais, o Xefe de Costas na Coruña asegurou que vai outorgar ao Concello a concesión do terreo da zona do quiosco en Camelle para que así o goberno local poida levar a cabo a súa remodelación, dotando a este espazo de zonas verde e equipamentos.

Sandra Insua mantén un “cordial e proveitoso” encontro con Costas para continuar cos proxectos de Camariñas. Na reunión tratáronse temas como o Paseo Marítimo de Área da Vila, o palco da praia e o quiosco de Camelle, o Paseo da Xunqueira...

Na reunión tamén se confirmou que pronto se iniciarán as obras de área da Vila e Lingunde. Esta actuación servirá para continuar o paseo marítimo e unir a pé estes dous areais, que actualmente están separados por un saínte.

Por outra banda Rafael Eimil visitará proximamente Camariñas para coñecer de primeira man outras das demandas que se lle fixeron, como que se continúe coa escollera de Arou, o Paseo Marítimo a Lobeiras ou o acceso á praia de Área Blanca.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.