- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Politica Politica
- Created: 19 Decembro 2018 19 Decembro 2018
O Concello de Camariñas levará ao pleno extraordinario de decembro que se celebrará mañá, mércores 19, a aprobación do Plan Único de concellos POS+ 2019 da Deputación da Coruña que utilizará para levar a cabo diferentes proxectos no municipio valorados en 551.391,98 euros.
Con cargo ao Plan provincial, destinado a investimentos financeiramente sustentables, incluíuse un proxecto para a reordenación e acondicionamento da praza de San Xurxo valorado en 214.490,17 euros dos que 169.514,46 euros proveñen do POS+2019 e 44.975,71 euros fináncianse con fondos municipais, e outro para a reurbanización das rúas do Cura e Sixto, de Ponte do Porto, de 96.728,30 euros.
Ademais, tamén leva a pleno a aprobación do Plan Complementario 2019, valorado en 240.173,51 euros e que se destinará a diferentes proxectos: a mellora e acondicionamento das transversais á rúa Flaire de Camelle, a construcción de beirarrúas na marxe dereita da rúa Virxe do Monte de Camariñas, a reparación e reasfaltado das rúas Seara e Travesías, a renovación da iluminación do terreo de xogo do campo de fútbol Irmáns Patiño e a mellora e acondicionamento dos accesos ó Paseo Marítimo de Camelle.
Estes proxectos sumaranse ás diferentes obras de mellora da seguridade viaria e dos equipamentos en todo o municipio que levou a cabo o goberno local ao longo do 2018, valéndose de fondos propios, provinciais e autonómicos.
POS+2019 DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O Plan provincial supón nesta ocasión unha axuda para o Concello de Camariñas de 496.431,47 euros en total, que se destinarán ao financiamiento de gastos correntes, á redución da débeda e á execución de proxectos de mellora da seguridade viaria e equipamentos no municipio.
