5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)
Camarinas.eu recibía esta semana unha nota de prensa dende a Casa do Pobo de Camariñas, sede do PSOE na vila das palilleiras, na que se nos daba conta da nova executiva que terá que afrontar as próximas eleccións municipais para revalidar a alcaldía no Concello de Camariñas. Nesta misiva era Encarna Liñeiro, secretaria dos socialistas camariñáns a que nos comunicaba os nomes de todos e cada un dos integrantes deste equipo de traballo no cal podemos destacar a inclusión da figura do Presidente que recae na persona dun entrañable militante histórico como é señor Chuco de Xaviña que forma parte xa da cúpula desta poderosa agrupación da costa atlántica. Compre lembrar a todos os usuarios e lectores desta web que Camarinas.eu sempre estuvo a disposición de todos os partidos políticos de Camariñas para que nos mandaran as súas notas de prensa. A algúns incluso se lles mandou unha petición expresa para que nos mandaran esas notas de prensa para informar a todos os nosos lectores das súas actividades. Lamentablemente o desprecio foi a única resposta dos partidos políticos con representación no salón de plenos do concello e tan só o PSOE de Camariñas tivo en consideración aos máis de 1000 lectores diarios desta web mandando sempre as súas notas de prensa como esta que procedemos a publicar nesta noticia.

Dende a súa fundación hai máis de 10 anos, Camarinas.eu ten á disposición de todos os partidos políticos de Camariñas o correo Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. para que nos manden as súas notas de prensa. Ata o de agora incomprensiblemente tan só o fixo o PSOE de Camariñas.

NOTA DE PRENSA DO PSDEG PSOE DE CAMARIÑAS


O día 3 de febrero os socialistas de Camariñas rematamos, por fin, unha etapa repleta de procesos orgánicos no noso partido ca elección da nova Comisión Executiva Municipal. Esta foi elixida por aclamación.

Será o terceiro mandato da Secretaria Xeral, Encarna Liñeiro ca novidade da figura do Presidente na que se estrea o militante histórico Señor Chuco da parroquia de Xaviña. Sandra Insua é Vice secretaria na área de Igualdade e Sergio Caamaño Fernandez tamen se estrea nunha executiva ca importante Secretaría de Organización.

Repiten German Camiño e Rosa Mouzo con Política Municipal e Turismo Maira Mouzo, Maricarmen Dieguez e Manuel Vigo levaran as áreas de Educación e Cultura, comercio e Benestar.

A Executiva empeza con moitas ganas co claro obxetivo de gañar as municipais do 2019. A Agrupación Socialista de Camariñas foi e segue sendo un referente no socialismo galego e os que formamos parte desta gran Agrupación sabemos como se traballa e como se vive o socialismo aquí.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.